COMERCIO

A tenda De Cotío álzase co primeiro premio do Concurso de Escaparates de Nadal

29/12/2020 O xurado do concurso de escaparatismo de Nadal, reunido telematicamente o luns 21 de decembro, emitou o seu fallo tras valorar os 15 escaparates finalistas. Tamén comprobou o resultado da votación popular realizada a través da páxina en Facebook de Comercio Santiago. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, visitou esta mañá o escaparate gañador do premio do xurado.

O resultado do fallo é os seguinte:

1º Premio – De Cotío: 3.000 euros
2º Premio – Espezalia Real Food: 2.000 euros
3º Premio – Moksin: 1.000 euros
Premio ao Escaparate Sostible: Chimpos: 1.000 euros

O xurado acorda, así mesmo, conceder dous Accésit, a:

- Dosel: 500 euros
- Os Mundos de Carlota: 500 euros

Pola súa parte, os Premios Escaparate do Público son para:

- 1º Premio: Floristería Embora: 2.000 euros
- 2º Premio: De Cotío: 1.000 euros

Xurado
O xurado estivo integrado por Lucía Castro, responsable do Departamento de Comercio do Concello de Santiago, que actúa ademais como secretaria; Sandra García, deseñadora gráfica, profesora de Deseño de Moda na EASD Mestre Mateo; Adolfo Enríquez, fotógrafo; Xavier Blanco, director de Galería Metro; e Sabela Liñeira, interiorista e creadora de Decorazul.

Compartir: