ALCALDÍA
Esta cantidade forma parte das 246.000 unidades que se distribúen estes días a concellos e entidades sociais, na que é a quinta entrega destas características. Coas recibidas hoxe son xa máis de 80.000 as máscaras que o goberno central proporcionou ao Concello de Santiago. O alcalde agradeceu a colaboración na loita contra a pandemia, "na que temos estar implicadas todas as administracións".
Subdelegación do Goberno e Concello de Santiago colaboran na distribución de 15.000 máscaras a centros educativos e colectivos vulnerables
30/11/2020 A Subdelegación do Goberno da Coruña formalizou hoxe a entrega ao Concello de Santiago de Compostela de 15.000 novas máscaras para a súa distribución a centros escolares e colectivos vulnerables, dentro do novo operativo de entrega de material acordado polo goberno central coa Federación Española de Municipios e Provincias.
A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, mantivo un encontro con alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; para formalizar a entrega. Nesta ocasión, priorizarase o reparto entre persoal de centros educativos e en colectivos vulnerables, de acordo ás necesidades e criterios que estableza o propio concello.Esta cantidade forma parte das 246.000 unidades que se distribúen estes días a concellos e entidades sociais, na que é a quinta entrega destas características. Coas recibidas hoxe son xa máis de 80.000 as máscaras que o goberno central proporcionou ao Concello de Santiago. O alcalde agradeceu a colaboración na loita contra a pandemia, "na que temos estar implicadas todas as administracións".