MOBILIDADE
Por todo o anterior, e ante o reto de acadar unha mobilidade máis eficiente, accesible e segura encamiñada a facer que prevaleza a presenza peonil sobre a utilización de vehículos privados nun lugar tan singular e destacable da cidade, o Concello de Santiago aposta por peonalizar esta zona, o que permitirá ademais unha conectividade peonil de calidade e segura dende a Virxe da Cerca e Fonte de Santo Antonio.
Esta medida achegará tamén un plus de calidade á zona leste do casco histórico, dotando dunha maior protección tanto ao propio ámbito como ao gran número de peóns que circulan polo mesmo, no que conflúe a universidade, o mercados de abastos e unha importante zona de ocio, con terrazas e establecementos de hostalería.
DÚAS FASES
A peonalización levarase a cabo en dúas fases para minimizar a incidencia no tráfico cotiá e para que a cidadanía se poida ir adaptando de xeito progresivo. Así, nunha primeira fase, reduciranse os horarios das zonas de carga e descarga e os de aparcamento da zona ORA. Esta medida iniciarase o 1 de decembro e terá unha duración dun mes, aproximadamente.
A segunda fase suporá a eliminación do estacionamento por completo, e a carga e descarga rexerase polas normas xerais desta actividade no casco histórico.
ESPECIFICIDADES DA 1ª FASE (A realizar a partir do 1 de decembro)
Nesta primeira fase só se permitirá a presenza de vehículos nestas rúas ata as 15.00 horas, comezando a partir de aquí a peonalización.
Zona de carga e descarga
- Todas as zonas de carga e descarga, que ata o de agora eran de 7.00 h a 12.00 h e de 14.30 h a 18.00 h, pasarán a ser de 7.00 h a 12.00 horas.
- Manterase o horario da travesa da Universidade de 6.00 a 8.00 horas para a praza de Abastos, e tamén o establecido na rampla da praza para a hostalería de 8.00 a 11.30 horas.
Aparcamentos ORA
- O sistema de aparcamento regulado ORA funcionará soamente en horario de mañá, entre as 8.00 e as 14.00 horas.
- Elimínanse catro prazas de ORA situadas na rúa do Castro para evitar as manobras ilegais que provoca a presenza dun sinal de prohibido o paso no final da rúa.
Prazas de mobilidade reducida e reservas de estacionamento
- As prazas para persoas con mobilidade reducida existentes trasládanse e agrúpanse en tres, instalándoas na zona inmediata ao pasar o arco de Mazarelos, onde na actualidade hai estacionamento ORA.
- As reservas da Universidade e Secretaría Xeral da Emigración elimínanse. Permítese o paso e parada para estas dependencias.
Prazas de motos
- Elimínase o estacionamento de motos existente na rúa de Mazarelos, despois do arco, e trasládase á rúa Virxe da Cerca, a carón do colexio Mestre Mateo.
O martes 1 de decembro arranca a peonalización do ámbito de Mazarelos
28/11/2020 A Xunta de Goberno do 23 de novembro de 2020 aprobou a peonalización do ámbito formado polas rúas Travesa da Universidade, praza da Universidade, praza da Fonte Seca e praza e rúa de Mazarelos en dúas fases: a primeira delas, dende o 1 de decembro, na que se permitirá a presenza de vehículos nestas rúas ata as 15.00 horas; e unha segunda fase, un mes despois, cunha peonalización total, sen convivencia cos vehículos.
O ámbito de Mazarelos, a única zona do casco histórico aínda sen peonalizar, padece un fluxo importante de tráfico motivado pola carga e descarga, a busca de aparcamento e a existencia de varios colexios, entre outros; situación que se agrava pola proximidade da praza de abastos e as prazas vinculadas á Universidade. A estas circunstancias engádese o feito de que a única saída deste ámbito é o arco de Mazarelos, última das portas existentes da cidade histórica.Por todo o anterior, e ante o reto de acadar unha mobilidade máis eficiente, accesible e segura encamiñada a facer que prevaleza a presenza peonil sobre a utilización de vehículos privados nun lugar tan singular e destacable da cidade, o Concello de Santiago aposta por peonalizar esta zona, o que permitirá ademais unha conectividade peonil de calidade e segura dende a Virxe da Cerca e Fonte de Santo Antonio.