NADAL
Como xa aconteceu en 2019, as tres primeiras quendas (venres 4 a mércores 9, xoves 10 a mércores 16 e xoves 17 a mércores 23) estarán dedicadas en exclusiva á decoración de Nadal e á alimentación selecta, facilitando ao público a preparación da casa e dos menús para estas datas especiais. Tanto en Carreira do Conde como en Área Central as quendas finais (sábado 26 a mércores 30 e xoves 31 a martes 5) resérvanse para os produtos de artesanía e regalo orixinal, coa data da Noite de Reis como horizonte.
O Mercado desenvolverase baixo estritas medidas de seguridade contra a Covid-19. A organización regulará o acceso do público visitante á rúa da Carreira do Conde e vixiará para que non se produzan aglomeracións. Haberá control de acceso e de aforo nos días de máxima afluencia. O paseo dos peóns pola Carreira do Conde será nun único sentido, accedéndose ao Mercado pola rúa do Xeneral Pardiñas e saíndo por Rapa da Folla. Os expositores están tamén obrigados a impedir que o público manipule os produtos, dispoñer de xel hidroalcólico e hixienizar as superficies de contacto, ademais de manter estritamente as distancias de seguridade. En Área Central respectaranse rigorosamente as normas sobre aforo e distancia social definidas para as dúas semanas nas que se desenvolve alí o Mercado.
Actividades diarias
O Mercado de Nadal leva aparellada unha completa programación musical. As actividades estarán dirixidas á infancia, ás familias e ao público en xeral e desenvolveranse baixo ríxidos criterios de prevención do coronavirus, todas con formato de pasarrúas para evitar aglomeracións. A programación iniciarase o mesmo venres día 4 de decembro pola tarde, xornada da inauguración, cos grupos ou espectáculos Os Tiruleiros, Pulpiño co seu Melocotón, Vamosindo Trío, Cé Orquestra, Tríboli Folk, O Cego na Feira, Trío DeTrés e máis Trío Par.
A programación completa poderá consultarse na web adxunta.
O Mercado de Nadal de Carreira do Conde abrirá o vindeiro venres 4 de decembro ás 17:00 horas
28/11/2020 Permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 horas; estará pechado os días 24 e 25 de decembro e 1 de xaneiro; e só abrirá pola mañá o día 31 de decembro. Como novidade, nas últimas dúas quendas este ano o Mercado esténdese tamén a Área Central, polo que a opción será dobre entre os días 26 de decembro e 5 de xaneiro.
Durante as cinco quendas, composteláns/ás e visitantes terán a posibilidade de coñecer as creacións de 70 expositores de decoración propia da época, alimentación gourmet e artesanía (xoias, madeira, cerámica, vidro, coiro, xoguetes, téxtil, regalo orixinal, deseño...). A rúa e as casetas contarán cunha decoración coidada e ambientación musical, que transportarán o público á maxia do Nadal.Como xa aconteceu en 2019, as tres primeiras quendas (venres 4 a mércores 9, xoves 10 a mércores 16 e xoves 17 a mércores 23) estarán dedicadas en exclusiva á decoración de Nadal e á alimentación selecta, facilitando ao público a preparación da casa e dos menús para estas datas especiais. Tanto en Carreira do Conde como en Área Central as quendas finais (sábado 26 a mércores 30 e xoves 31 a martes 5) resérvanse para os produtos de artesanía e regalo orixinal, coa data da Noite de Reis como horizonte.