ALCALDÍA
Sánchez Bugallo adiantou que "imos intentar sacar, antes de final de ano, con fondos municipais, a conexión desa estación coa rúa do Hórreo e a súa integración co Ensanche". Subliña o alcalde que "vai quedar unha área modal de autobuses, coches e tren absolutamente extraordinaria que vai mover, probablemente, máis de seis millóns de viaxeiros cada ano". Polo tanto, sinala "vai ser fundamental para Santiago, para o Ensanche e para toda Galicia", porque, continúa, "esa é a estación de Compostela, de Arzúa, de Melide, de Ordes, de Ribeira; de moitos lugares. É unha infraestrutura fundamental, que se une ao que xa coñeciamos, o orbital, o orbitaliño, a EDAR e os fondos para que o Consorcio funcione no ano 2021", Se ademáis, conclúe, se consegue unha partida para o Ano Santo, "creo que nos podemos dar por moi satisfeitos".
Para o alcalde, hai que deixar sen efecto a cláusula dos tres millóns de viaxeiros. Neste momento, sinala, "a mellor proba da vontade do goberno é que xa está elaborado o proxecto da nova estación, de tal maneira que podería saír a licitación inmediatamente porque hai proxecto, dispoñibilidade dos terreos, e se se aproban os orzamentos, dispoñibilidade presupostaria". O que temos que facer, sinalou, é reunir á Comisión Mixta (Xunta de Galicia, Concello, e ADIF) e acordar deixar sen efecto esa cláusula. E todos estamos dacordo en deixala sen efecto. Nunca se debeu pór, e todos estamos dacordo en que hai que quitala", finalizou.
Sánchez Bugallo amosa a súa satisfacción pola inclusión da futura estación do AVE de Santiago no proxecto de orzamentos do Estado, cun investimento superior aos 30 millóns de euros
30/10/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, aclarou que no proxecto de orzamentos do Estado para o 2021 si está incluída a estación de tren. Un tema importante para a cidade, sinalou "estratéxico, cun investimento previsto de 30.450.000 euros", para "facer a estación do AVE de Santiago". Este apunte está, explicou, no apartado de alta velocidade. O rexedor recoñeceu que onte pasoulle inadvertido, pero despois de falar coa presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, "envioume a páxina", na que aparece recollida esta partida, cunha anualidade, para o vindeiro ano, superior aos tres millóns de euros, e dúas anualidades que serían 2022 e 2023".
Unha noticia "fantástica" sinalou Sánchez Bugallo. "É unha infraestrutura pendente, que ten que completar o conxunto de actuacións que estamos facendo a Xunta de Galicia, a administración central do Estado e o propio Concello, en todo o ámbito de Clara Campoamor, a estación intermodal, e faltábanos a estación de tren". A que hai, engade o rexedor, xa "non responde ás necesidades de Santiago, nin as necesidades dos tres millóns de usuarios que ten cada ano". "Precisamos ter unha estación de tren á altura da terminal de autobuses e á altura do resto de infraestruturas. Estou contentísimo de que saia esa actuación", afirmou.Sánchez Bugallo adiantou que "imos intentar sacar, antes de final de ano, con fondos municipais, a conexión desa estación coa rúa do Hórreo e a súa integración co Ensanche". Subliña o alcalde que "vai quedar unha área modal de autobuses, coches e tren absolutamente extraordinaria que vai mover, probablemente, máis de seis millóns de viaxeiros cada ano". Polo tanto, sinala "vai ser fundamental para Santiago, para o Ensanche e para toda Galicia", porque, continúa, "esa é a estación de Compostela, de Arzúa, de Melide, de Ordes, de Ribeira; de moitos lugares. É unha infraestrutura fundamental, que se une ao que xa coñeciamos, o orbital, o orbitaliño, a EDAR e os fondos para que o Consorcio funcione no ano 2021", Se ademáis, conclúe, se consegue unha partida para o Ano Santo, "creo que nos podemos dar por moi satisfeitos".
Para o alcalde, hai que deixar sen efecto a cláusula dos tres millóns de viaxeiros. Neste momento, sinala, "a mellor proba da vontade do goberno é que xa está elaborado o proxecto da nova estación, de tal maneira que podería saír a licitación inmediatamente porque hai proxecto, dispoñibilidade dos terreos, e se se aproban os orzamentos, dispoñibilidade presupostaria". O que temos que facer, sinalou, é reunir á Comisión Mixta (Xunta de Galicia, Concello, e ADIF) e acordar deixar sen efecto esa cláusula. E todos estamos dacordo en deixala sen efecto. Nunca se debeu pór, e todos estamos dacordo en que hai que quitala", finalizou.