SERVIZOS E MOBILIDADE
Medidas preventivas de carácter xeral
- Tanto os visitantes como os traballadores e traballadoras do cemiterio garantirán o mantemento da distancia interpersoal de seguridade de 1,5 metros entre persoas que non sexan do mesmo grupo familiar. Para isto, todo o persoal circulará polo lado dereito dos camiños e sendas.
- O uso da máscara (sen válvula exhalatoria) é obrigatorio, salvo nos supostos de excepción expresamente contemplados na normativa.
Medidas preventivas específicas
- Os grupos de familiares convivintes non superarán o máximo de 4 persoas.
- A estancia máxima dentro do recinto será de 30 minutos por persoa. Non obstante, solicítase á cidadanía que permaneza só o tempo imprescindible.
- A capela do cemiterio, para evitar posibles aglomeracións, permanecerá pechada durante os días 30 e 31 de outubro e 1 e 2 de novembro de 2020.
- Nos aseos limitarase o aforo a un único usuario por aseo.
- Levarase a cabo un control no acceso ao recinto.
- Os visitantes procurarán non compartir material e/ou ferramentas. No caso de facelo, empregarán xeles hidroalcohólicos desinfectantes, con efecto virucida, antes e despois de empregalos.
- Desaconséllase o uso das fontes.
Durante eses días, reforzaranse as tarefas de limpeza e desinfección das zonas de uso común e superficie de contacto frecuente, ben con solución de lixivia 1:50 recén preparada ou con desinfectantes con efecto virucida autorizados e rexistrado, e baleiraranse as papeleiras de forma frecuente. Para que a información sexa visible, colocaranse carteis informativos con todas estas medidas.
O horario de funcionamento do cemiterio será de 9:00 a 20:00 horas en horario continuado os días 30 e 31 de outubro e 1 e 2 de novembro.
Servizos de reforzo no transporte urbano
Reforzarase a liña 1 do transporte urbano, que contará cunha frecuencia de paso de 16 minutos entre as 9:00 e as 20:00 os días 31 de outubro e 1 de novembro. O resto do día, a frecuencia será a dun día festivo (cada 30 minutos). A liña 1 atravesa a cidade desde o Hospital Clínico ata o cemiterio e fai paradas, ademais, nos seguintes puntos: Santa Marta, Rosalía de Castro, Senra, San Roque, Pastoriza e Salgueiriños.
Tamén se reforzará o servizo da Policía local, con seis axentes e un oficial, e contarase coa colaboración de Protección Civil. Prégase aos visitantes que atendan as indicacións dos axentes e que respecten as sinalizacións colocadas para facilitar o acceso e impedir o cruzamento entre persoas.
Protocolo para o acceso ao cemiterio municipal de Boisaca por mor da covid
30/10/2020 O Concello lembra o protocolo a seguir no acceso ao cemiterio municipal de Boisaca nas festividades de Todos os Santos e o Día de defuntos e prega á cidadanía o cumprimento das medidas para a prevención dos contaxios por covid.
Estas medidas aplicaranse, con carácter xeral, durante os días 30 e 31 de outubro e 1 e 2 de novembro de 2020.Medidas preventivas de carácter xeral