ACCIÓN CULTURAL
A concelleira de Acción Cultural tamén destacou a colaboración entre diferentes administracións e colectivos, "como é este caso, no que o concello, a USC, a Xunta a través do Xacobeo, a Deputaciónde Coruña, xunto co Ateneo compostelá, nos ofrecen un festival que será, sen dúbida unha inolvidable experiencia musical".
Na presentación tamén estiveron presentes, José Victor Carou, director artístico do festival, Francisco Candela, Secretario do Ateneo de Santiago; Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo 2021; e Mar Lorenzo, vicerreitora de Cultura da USC.
Programa
A conferencia inaugural terá lugar o próximo luns, 5 de outubro. Impartiraa Teresa Adrán, baixo o título "Rameau: a ópera en Francia. O ciclo de concertos comezará o 9 de outubro, no Paraninfo da Universidade, coa interpretación das "Sonatas de Haendel" por parte de "Al ayre español". O 13 de outubro, a igrexa da universidade acolle "Fantasías para viola da gamba de Telemann", con Sara Ruiz. O 16 de outubro é o turno da ópera, con varios intérpretes. O 20 de outubro, poderemos escoitar sinfonías e danzas interpretadas por Pierre Hantaï, e Skip Sempé. O programa de concertos péchase o 24 de outubro, no Teatro Principal, con pezas de Rameu, o mestre do barroco francés, tocadas por "Impetus".
Tamén se poderán ver os filmes "Le roi danse" de Gérard Corbiau; e "Vatel", de Roland Joffé. A maiores, están programadas distintas charlas e encontros con artistas, a música e os seus instrumentos.
O Festival de Música Barroca programa para o mes de outubro cinco concertos, xornadas de cine e distintas actividades complementarias
30/09/2020 A concelleira de Acción Cultura, Mercedes Rosón, asistiu hoxe á presentación da segunda edición do Festival de Música Antiga e Barroca, organizado polo Ateneo de Santiago. O evento, que se desenvolverá ao longo do mes de outubro, conta cun programa de cinco concertos, xornadas de cine, e distintas actividades complementarias relacionadas coa música barroca.
Na súa intervención, Mercedes Rosón destacou o gran patrimonio barroco que posúe Santiago de Compostela, e a importancia deste movemento cultural e arquitectónico na cidade. Recordou o protagonismo que a Academia de Belas Artes de Galicia lle está dando a Domingo de Andrade, o gran arquitecto barroco. E a influencia desta corrente artística na música, que agora se poderá descubrir a través deste festival.A concelleira de Acción Cultural tamén destacou a colaboración entre diferentes administracións e colectivos, "como é este caso, no que o concello, a USC, a Xunta a través do Xacobeo, a Deputaciónde Coruña, xunto co Ateneo compostelá, nos ofrecen un festival que será, sen dúbida unha inolvidable experiencia musical".