POLÍTICAS SOCIAIS
Atendendo ao xénero, os resultados poñen de manifesto a existencia de diferenzas estadísticamente significativas na porcentaxe de homes e mulleres que participan en xogos de azar online ou webs de apostas, sendo ésta unha práctica predominantemente masculina (16,3% vs 3,7%).
Ademais, os datos permiten constatar un incremento estatísticamente significativo na porcentaxe de adolescentes que realizan apostas online a medida que aumenta a idade: un 3,5% entre os mozos de 12 e 13 anos; un 10,4% entre os mozos de 14 e 15; e un 17,9% entre os de 16 a 18 anos.
Campaña da UMAD
"Conscientes do aumento destas actitudes, que poden derivar nun problema de saúde a longo prazo, desde a Umad, (departamento de prevención e promoción de hábitos de vida saudable do Concello) quérese facer visible esta situación cunha campaña de prevención, coa que pretendemos sensibilizar sobre o xogo de diñeiro e apostas deportivas en xente moza", indicou a concelleira de Políticas Sociais.
A campaña materialízase na imaxe dun mozo e dunha moza cunha mensaxe ("A túa liberdade, a mellor xogada") que alerta dos perigos que ten o xogo de diñeiro e como pode pasar a formar parte central das súas vidas. A deseñadora da imaxe, Patricia Joga, incidiu na importancia da liberdade como elemento central da campaña: "que a valoren, porque no momento no que entran nese xogo deixan de ser libres".
Estas dúas imaxes foron distribuídas nas axendas universitarias que a USC reparte ao inicio do curso académico 2020/2021 (30.000 axendas) ocupando dúas páxinas. Está acción tamén se quere reforzar coa impresión de cartaces e vinilos transparentes para súa distribución nos centros educativos e sociais do concello. Catro traseiras de autobús de percorrido principalmente urbano levarán impresa esta imaxe así como varios mupis distribuídos por diverso puntos da cidade.
"Esta liña de traballo quérese complementar ao inicio do vindeiro ano 2021, se a situación de pandemia o permite, con obradoiros dentro das aulas de primaria dirixidos á sensibilización, formación e información sobre as apostas deportivas", anunciou a concelleira.
A ludopatía é un trastorno recoñecido pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e as súas consecuencias son alarmantes non só para a persoa que o padece, senón para a súa contorna familiar e profesional. Maniféstase en formas que van desde a tristeza, o illamento social, absentismo laboral, diminución do rendemento, furtos entre familia ou compañeiros, etc. Mila Castro fixo fincapé na gravidade do problema e na necesidade de "sensibilizar á poboación" sobre o mesmo.
A UMAD pon en marcha unha campaña para concienciar a poboación moza sobre os perigos das apostas
30/09/2020 A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presentou hoxe a campaña "A túa liberdade, a mellor aposta", que busca concienciar aos máis novos sobre os perigos dos xogos online e as apostas presenciais.
Segundo indicou a edila, estase a producir un cambio no perfil do xogador. Se antes era unha persoa maior, agora cada vez é máis frecuente que sexa un rapaz quen comece a manifestar rasgos ludópatas. "Así o amosan os datos sobre xogo obtidos na enquisa bianual do Plan Nacional de Drogas e no estudo feito non centros públicos educativos de secundaria en Santiago de Compostela realizado pola USC en colaboración co Concello de Santiago", indicou Mila Castro. Como revela este último estudo, 1 de cada 10 adolescentes de entre 12 e 18 anos en Santiago recoñece ter apostado cartos en xogos de azar online ou webs de apostas (póker online, apostas deportivas online…) nos últimos 12 meses.Atendendo ao xénero, os resultados poñen de manifesto a existencia de diferenzas estadísticamente significativas na porcentaxe de homes e mulleres que participan en xogos de azar online ou webs de apostas, sendo ésta unha práctica predominantemente masculina (16,3% vs 3,7%).