EDUCACIÓN
Por parte do Concello estase á espera dunha aclaración da Consellería de Educación para resolver esta circunstancia, xa que no protocolo inicial non se contemplaba a situación específica dos esporádicos.
Xuntanza con todas as ANPAs o mércores que vén
O vindeiro mércores, 30 de outubro, o alcalde e o concelleiro manterán unha nova xuntanza coas ANPAs no CERSIA. Neste caso será con todas as asociacións de nais e pais dos colexios cuxo servizo de comedor xestiona o Concello.
Nova reunión do Concello coas ANPAS para informar sobre a situación nos comedores escolares
28/09/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Educación, Rubén Prol, reuníronse esta mañá co presidente e coa vicepresidenta da Asociación de ANPAs de Santiago, Fernando Lacaci e Esther Martínez, para informalos da situación actual nos comedores escolares.
O rexedor e Rubén Prol, que asumiu as competencias en Educación o pasado venres, informaron ás ANPAs de que a día de hoxe todas as solicitudes de uso do comedor escolar de 5,4,3,2 e 1 día teñen acubillo e que o problema se presenta nos casos esporádicos non fixos, é dicir, aqueles que non poden confirmar que día van usar o comedor.Por parte do Concello estase á espera dunha aclaración da Consellería de Educación para resolver esta circunstancia, xa que no protocolo inicial non se contemplaba a situación específica dos esporádicos.