ALCALDÍA
No que respecta aos colexios de primaria, Sánchez Bugallo indicou que o Concello está traballando en base á información que se ten a día de hoxe, pero que non haberá nada definitivo ata que non se coñeza o contido da resolución da Xunta de Galicia prevista para o 7 de setembro.
Ocio nocturno
O rexedor tamén amosou a súa preocupación polo mantemento e a reactivación da actividade económica. O Concello segue a traballar nos programas postos en marcha, pendente da convalidación do decreto do Goberno central no que se fixen as competencias municipais a este respecto. "En calquera caso, engadiu o rexedor, debemos asumir que esta situación de crise se vai prolongar ata decembro, previsiblemente".
A un sector en concreto fixo referencia Sánchez Bugallo: o do ocio nocturno, que se viu obrigado a suspender a súa actividade o pasado 17 de agosto. O alcalde indicou que se está á espera do axuste da normativa por parte da Xunta de Galicia pero, mentres tanto, o Concello habilitou unha fórmula para facilitar que os establecementos que cumpran coa normativa poidan acollerse, a través dunha declaración responsable, a unha ampliación de licenza. Neste momento recibíronse 21 solicitudes. "Priorizamos a seguridade cun absoluto e escrupuloso respeto á normativa da Xunta e dentro do noso marco competencial", indicou. A Xunta de Goberno extraordinaria celebrada esta mañá deu o visto bo ao informe da Secretaría sobre este asunto.
Sánchez Bugallo fixo fincapé tamén en que o Concello segue con atención as consecuencias sociais desta crise, pero lembra que "non temos agora a habilitación legal derivada do estado de alarma para tomar determinadas decisións".
Datos da COVID-19 en Santiago
Aínda que os datos en Santiago "son mellores do que cabía esperar", o rexedor quixo facer un chamamento á prudencia e á responsabilidade porque "vivimos nunha sociedade aberta" e "imposible pensar que non vai haber problemas". O Concello, indicou, está preparado para as circunstancias que se vaian producindo e para ir adoptando as medidas necesarias en consecuencia.
Xunta de goberno extraordinaria
O alcalde tamén deu conta dos asuntos aprobados na Xunta de goberno local extraordinaria celebrada esta mañá. Ademais do anteriormente mencionado sobre o informe de Secretaría a respecto do ocio nocturno, aprobouse a orde de continuidade do contrato de xestión das escolas infantís municipais de Conxo e das Fontiñas, cuxa prestación finalizaba o 31 de agosto, ata que se produza unha nova adxudicación do contrato cunha licitación actualmente en preparación (o canon anual, acordado no contrato de data 30 de agosto de 2016, é de 388.799,21 euros).
Así mesmo, prorrogouse a xestión do servizo da Escola Infantil municipal de Meixonfrío-Salgueiriños por un ano: desde o 1 de setembro de 2020 ata o 31 de agosto de 2021, por un importe de 400.674,34 euros divididos en dúas anualidades: do 1 de setembro ata o 31 de decembro de 2020, 133.558,18 euros; e do 1 de xaneiro ata o 31 de agosto de 2020, 267.116,16 euros.
Tamén no ámbito da educación, acordouse establecer e aplicar a gratuidade do segundo fillo/a e sucesivos ás persoas usuarias das tres escolas infantís municipais a partir do curso 2020/2021.
O inicio do curso nas escolas infantís municipais está previsto para o 1 de setembro, unha vez se coñeza o resultado das probas para a detección da COVID-19 de todo o persoal
28/08/2020 Segundo indicou o alcalde de Santiago en rolda de prensa, e tralas conversas mantidas coa Consellería de Sanidade, todo o persoal que traballa nas escolas infantís municipais sometarse ás probas de detección da COVID-19 previsiblemente este sábado. Se todo é correcto, o curso empezaría o vindeiro martes, 1 de setembro. No caso dos CEIPs, o Concello está pendente da resolución definitiva da Xunta de Galicia, prevista para o día 7.
O rexedor compostelán amosou a súa preocupación polas circunstancias actuais e por como están afectando ao inicio do curso. Espera que as probas realizadas sexan correctas para que os alumnos e alumnas das escolas infantís municipais de Conxo, Meixonfrío-Salgueiriños e Fontiñas poidan comezar as clases este vindeiro martes.No que respecta aos colexios de primaria, Sánchez Bugallo indicou que o Concello está traballando en base á información que se ten a día de hoxe, pero que non haberá nada definitivo ata que non se coñeza o contido da resolución da Xunta de Galicia prevista para o 7 de setembro.