ALCALDÍA
Está previsto que a Casa das Máquinas se destine a uso sociocultural, e que acolla as actividades das distintas asociacións e colectivos do barrio das Galeras. A rehabilitación do edificio permitirá, segundo destacou Mercedes Rosón, "recuperar este espazo para a cidadanía de Compostela. Queremos que sexa un edificio multiusos, que permita compatibilizar actividades veciñais, con actividades ao servizo de diferentes colectivos", entre eles o colexio Raíña Fabiola.
O "Proxecto básico e de execución de rehabilitación do edificio Casa das Máquinas. Fase I" executouno a empresa "Obras Gallaecia", por un importe de 218.932,04 euros, IVE incluido, confianciado, nun 80%, con axudas da Deputación da Coruña. Adxudicáronselle os traballos na Xunta de Goberno celebrada o 14 de outubro de 2019, despois dun proceso de contratación aberto mediante concorrencia competitiva, ao que se presentaron seis ofertas.
Anteriormente executárase a fase cero das obras, consistente na colocación de apeos provisionais de cerchas de cuberta e de fachadas, e na retirada da cuberta. Esta fase iniciouse, por trámite de emerxencia, en 2016, polo risco de desplome da cuberta e dos muros. Queda pendente agora a fase dúas das obras, da que se está redactando o proxecto, que consiste no acondicionamento interior. Está previsto, segundo asegurou o concelleiro de Obras, Javier Fernández, que nos próximos meses saia a licitación.
O arquitecto que proxectou a rehabilitación, Ramón Blanco, explicou que se recuperarían as entradas que están a distinta altura. "O acceso será a través de ramplas, e quedarán unha especie de gradas para posibles actuacións futuras". Iso na parte que da á rúa de Galeras. Na outra, destinarase o andar de arriba a exposicións; e a zona de abaixo a baños, almacenaxe e zona de reunións.
Finaliza a primeira fase das obras de rehabilitación da Casa das Máquinas, que se destinará a uso sociocultural
27/08/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado dos concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, de Obras, Javier Fernández; e de Economía, Marta Abal; visitou a Casa das Máquinas, situada na rúa das Galeras, por mor da finalización da primeira fase das obras de rehabilitación do edificio. Os traballos consistiron na consolidación do contedor coa colocación da nova cuberta, o que permitiu eliminar o apeo de fachadas; e no saneamento dos muros, coa instalación de carpinterías para poder deixar o edificio pechado por seguridade.
Sánchez Bugallo destacou que a Casa das Máquinas é "un dos mellores exemplos de arquitectura industrial moderna que temos en Santiago de Compostela". Explicou que se trata dun edificio do arquitecto López de Rego, de principios do século XX. Foi unha das infraestruturas que nos anos oitenta quedou incorporada ao primeiro catálogo de edificios protexidos de Santiago fóra da cidade histórica. E así, con esa protección, se mantivo nos PXOMs de 1989 e de 2007, cando o Concello, sinalou o rexedor, se fixo coa propiedade do edificio, que pertencía a Unión Fenosa. A actuación, engadiu, non remata coas obras na Casa das Máquinas. Irá unha beirarrúa polo medio, reordenando toda a zona, e deixando un arco na parte da entrada semellante ao arco que dá entrada ao parque de Galeras. Polo tanto, concluiu, "aí quedará unha pequena praza, un espazo público" que permitirá que as persoas circulen polos dous lados do edificio.Está previsto que a Casa das Máquinas se destine a uso sociocultural, e que acolla as actividades das distintas asociacións e colectivos do barrio das Galeras. A rehabilitación do edificio permitirá, segundo destacou Mercedes Rosón, "recuperar este espazo para a cidadanía de Compostela. Queremos que sexa un edificio multiusos, que permita compatibilizar actividades veciñais, con actividades ao servizo de diferentes colectivos", entre eles o colexio Raíña Fabiola.