EDUCACIÓN
Noa Díaz fixo fincapé na interlocución fluída que se mantén cos centros. De feito, a última xuntanza cos directores tivo lugar o 22 de xullo e na mesma o departamento recolleu as súas inquedanzas non só en relación cos arranxos senón tamén cos comedores e madrugadores e cos protocolos da Xunta de cara ao inicio do curso. A este respecto a concelleira indicou que o o groso do Plan de verán se centrou en cuestións de hixiene, co obxectivo de que os equipamentos estean listos para afrontar as situacións derivadas da pandemia. "O Concello colabora con todos os centros para unha volta ás aulas con todas as garantías, dentro das nosas competencias, que son o mantemento, a conservación e a reparación", indicou a concelleira.
Actuacións dentro do Plan de verán
As actuacións nas escolas rurais (Gaioso-Eixo, Sixto-Marrozos e Rial-Laraño) consistiron no pintados das aulas, no arranxo do solo do baño, na limpeza da rampa exterior, no pintado dos xogos infantís e no rozado dos espazos exteriores.
Nas escolas infantís municipais de Conxo, as Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños procedeuse ao vernizado do patio interior, ao pintado de zonas exteriores (teitos, columnas, fachadas), ao lavado de fachadas, colocación de linóleo nas paredes interiores do patio de xogos e aulas, pintados interiores e tamén ao rozado dos patios exteriores.
Así mesmo, actuouse nas escolas infantís co-xestionadas co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (San Roque, Tras Parlamento e Tambre) con traballos de pintados interiores e exteriores, arranxo de patios exteriores, instalación dunha tarima na aula de bebés e o rozado de patios exteriores.
Trece centros de primaria tamén experimentaron melloras este verán (CEIP Apóstolo Santiago, Arquitecto Casas Novoa, Fontiñas, Lamas de Abade, López Ferreiro, Monte dos Postes, Pío XII, Raíña Fabiola, Rodríguez Xixirei, Roxos Villestro, Vite, Cardeal Quiroga Palacios e Ramón Cabanillas). En concreto proceduse ao pintados de interiores, revisións de carpintería de aluminio, substitución de linóleo por pvc e reparación de plaquetas exteriores. Tamén se procedeu á habilitación de novas entradas para o acceso de alumnado, á substitución de portas e caixas de persianas, limpeza de canlóns, arranxo de baixantes, selado de lucernario, arranxo e pintado de varandas e rozado nos espazos exteriores.
Contrato plurianual
Este Plan de verán forman parte dun contrato plurianual (4 anos) ao que o Concello destina un total de 1.600.000 euros, dos cales 366.666,67 corresponden a este 2020 (de febreiro, cando se iniciou o contrato, ata agosto). Ata este mes executáronse 280.377,44 euros (incluíndo o orzamento destinado ao Plan de verán) e restan para os arranxos necesarios ata final de ano 86.289,23 euros. "Este investimento, sinalou Noa Díaz, é unha aposta polo ensino público no noso Concello, xa que unha educación pública sólida precisa unhas instalacións axeitadas".
Fóra xa deste Plan de Obras de verán realízanse outras dúas actuacións en colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia: a obra de rehabilitación enérxética do CEIP Monte dos Postes e a climatización da Escola infantil do Tambre.
O Concello de Santiago responsabilízase da conservación, reparación e mantemento dos centros públicos de educación infantil e primaria. As competencias obrigatorias municipiais refírense a 23 centros educativos, dos que 3 son escolas rurais, 13 son centros de educación infantil e primaria de carácter público, 6 escolas infantís municipais e 1 escola municipal de música.
Ademais das obras, a Concellería presta outros servizos e leva a cabo outras actuacións ao longo do ano como son as de limpeza das instalacións, mantemento das zonas verdes, das instalacións eléctricas, de aparellos elevadores (ascensores), dos sistemas caloríficos (calefaccións e fancoils), servizo de conserxería e control das instalacións, subministración de combustible, luz e auga, seguridade (alarmas, extintores e bocas de incendio), e desratización, desinsectación e desinfectación (DDD).
A Concellaría de Educación destina preto de 245.000 euros ao Plan de Obras de verán nas escolas infantís e colexios de primaria da cidade
26/08/2020 A concelleira de Educación, Noa Díaz, ofreceu en rolda de prensa os datos do Plan de Obras verán 2020 que o seu departamento vén de acometer nos centros públicos da cidade. Realizáronse intervencións en 3 escolas rurais, 6 infantís e en 13 centros de primaria cun investimento total de 244.302,82 euros e centradas fundamentalmente en arranxos e cuestións de hixienización.
Estas actuacións son o resultado das peticións realizadas polo propios centros en base ás súas necesidades, recollidas polo departamento e executadas, nesta ocasión, xa desde o mes de abril aproveitando a parada obrigatoria por mor da COVID-19. Segundo indicou a edila, están practicamente todas rematadas.Noa Díaz fixo fincapé na interlocución fluída que se mantén cos centros. De feito, a última xuntanza cos directores tivo lugar o 22 de xullo e na mesma o departamento recolleu as súas inquedanzas non só en relación cos arranxos senón tamén cos comedores e madrugadores e cos protocolos da Xunta de cara ao inicio do curso. A este respecto a concelleira indicou que o o groso do Plan de verán se centrou en cuestións de hixiene, co obxectivo de que os equipamentos estean listos para afrontar as situacións derivadas da pandemia. "O Concello colabora con todos os centros para unha volta ás aulas con todas as garantías, dentro das nosas competencias, que son o mantemento, a conservación e a reparación", indicou a concelleira.