EDUCACIÓN
Os obradoiros desenvolveranse durante o curso escolar 2020-2021, de acordo co calendario escolar da Rede de Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, que pode consultarse nas propias escolas. Haberá obradoiros durante todo o curso escolar e tamén en vacacións (Nadal, Entroido e Semana Santa), se ben neste caso só se ofertarán prazas se non foran cubertas polos nenos/as matriculados/as para os talleres do curso escolar.
Durante o curso, os obradoiros celebraranse de 16:00 a 20:00 horas, mentres que en vacacións, realizaranse de 10:00 a 14:00 horas. As familias poden ampliar este servizo co horario de almorzo (7:30 a 10:00 h), comedor (14:00 a 15:00 h) e horas a maiores.
Prezos
A matrícula anual ten un custo de 75 euros. Logo, os prezos mensuais dependerán do número de tardes: 2 tardes, 55 €; 3 tardes, 80 €; 4 tardes, 105 €; e 5 tardes, 125 €. Os días soltos teñen un prezo de 12 euros. En canto aos servizos complementarios, o comedor custa 75 € ao mes e 5 € os días soltos, mentres que o almorzo ten un prezo de 30 €/mes e de 2 € cada día solto. A hora a maiores durante todo o mes custaría 15 €, sendo de 3 € o seu prezo en días soltos.
Solicitudes
As familias interesadas terán que cubrir e presentar o impreso de solicitude no Rexistro xeral do Concello de Santiago, pedindo previamente cita no teléfono 981 543 122 (rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche, pedindo previamente cita no teléfono 981 543 001, (rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16 baixo),ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
O impreso de solicitude está dispoñible, xunto coa información complementaria, nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, no Departamento de Educación (Edificio Cersia, rúa do Alcalde Raimundo López Pol, s/n) e nesta web municipal.
Aberto o prazo de reserva de obradoiros nas escolas infantís municipais
31/07/2020 Desde o luns 3 ata o 7 de agosto estará aberto o prazo de reserva dos obradoiros para o curso 2020-2021 nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. As solicitudes de novo ingreso poderán presentarse do 10 ao 14 de agosto.
Estes obradoiros, dirixidos a nenos e nenas entre os 3 e os 8 anos, pretenden favorecer a conciliación familiar e laboral, ofrecendo aos nenos e nenas unha alternativa de lecer e tempo libre. Ofértanse 45 prazas, 15 por cada escola.Os obradoiros desenvolveranse durante o curso escolar 2020-2021, de acordo co calendario escolar da Rede de Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, que pode consultarse nas propias escolas. Haberá obradoiros durante todo o curso escolar e tamén en vacacións (Nadal, Entroido e Semana Santa), se ben neste caso só se ofertarán prazas se non foran cubertas polos nenos/as matriculados/as para os talleres do curso escolar.