MEDIO RURAL E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Remata o "Verán no rural"

31/07/2020 Este venres remataron as actividades do programa Verán no rural, que se desenvolveron durante este mes de xullo en seis centros socioculturais do rural. A proposta estaba dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos, que durante estas semanas puideron desfrutar, dun xeito seguro, de múltiples actividades ao aire libre, como obradoiros, camiñadas ou xogos de auga.

Esta semana, o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, estivo visitando os centros socioculturais para coñecer de primeira man as actividades. Así, puido falar cos monitores e monitoras e saudar os pequenos e pequenas participantes.

Compartir: