FESTAS, MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Quedarán cortadas ao tráfico, a partir das 22:00 horas, as avenidas da Coruña e de Compostela, no tramo comprendido entre a avenida das Ciencias e a avenida das Burgas, polo que o tráfico que suba por esta última rúa deberá xirar obrigatoriamente á esquerda en dirección ao Cruceiro do Gaio. Prohíbese tamén o aparcamento dende as 14:00 h do 31 de xullo ata a 01:00 h do 1 de agosto.
Transporte urbano
Con motivo destas restricións polo lanzamento dos fogos, a liña 8 do transporte urbano desviarase do seu percorrido habitual na derradeira saída de Vidán ás 22:30 h:
- Saída de Vidán, 22:30 h, itinerario habitual pola avenida da Mestra Victoria Míguez para desviarse pola avenida do Mestre Mateo e Rosalía de Castro, retomando o itinerario habitual na rúa de Xoán Carlos I. Neste servizo quedarán suprimidas todas as paradas do Campo de San Domingos, estrada de San Lourenzo, carballeira de San Lourenzo, avenida das Burgas e avenida da Coruña.
O Concello prega evitar aglomeracións nos fogos fin de festa, visibles dende diversos puntos da cidade
29/07/2020 Os fogos fin de festa deste venres, de 5 minutos de duración, serán visibles dende todos os puntos altos da cidade (miradoiro das Cancelas, Almáciga, Monte de Deus, Pedroso, etc), polo que o Concello prega á cidadanía que evite as aglomeracións e que respecte as normas de seguridade relativas á separación interpersoal e uso de máscaras. A contorna do campus sufrirá restricións polo que se recomenda elixir outras áreas da cidade para desfrutar do espectáculo.
Debido á celebración destes fogos, que se tirarán dende a escalinata do campus universitario ás 23:30 horas do venres 31, quedará cortado ao tránsito peonil, a partir das 10:00 horas, o paseo da Ferradura (zona máis próxima á escalinata do campus) e as zonas adxacentes, que estarán debidamente valadas. Tamén se pechará a partir desa mesma hora o parque infantil situado na avenida de Compostela.Quedarán cortadas ao tráfico, a partir das 22:00 horas, as avenidas da Coruña e de Compostela, no tramo comprendido entre a avenida das Ciencias e a avenida das Burgas, polo que o tráfico que suba por esta última rúa deberá xirar obrigatoriamente á esquerda en dirección ao Cruceiro do Gaio. Prohíbese tamén o aparcamento dende as 14:00 h do 31 de xullo ata a 01:00 h do 1 de agosto.