ALCALDÍA

O alcalde recibiu o novo comandante do Aeródromo Militar de Santiago, Pedro M. Díaz González

30/06/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu o novo comandante do Aeródromo Militar de Santiago e Comandancia Militar Aérea do Aeroporto de Santiago, Pedro M. Díaz González. Foi unha reunión protocolaria e de presentación, na que ambos manifestaron a vontade de colaboración.

Pedro M. Díaz González asumiu o mando do Aeródromo nunha cerimonia celebrada o pasado venres. Sucede neste posto a Manuel Muñoz Mompó, quen deixou Compostela para exercer de director de apoio do Mando Aéreo de Combate na base aérea de Torrejón de Ardoz (Madrid).

Compartir: