ALCALDÍA
Neste sentido, reclaman a participación dos concellos na programación e distribución dos devanditos fondos, con especial atención aos sectores produtivos do territorio, a prioridades como as redes dixitais -cuxa importancia se está visualizando durante a pandemia e moi especialmente no medio rural- e, por suposto, ás infraestruturas para o desenvolvemento, máis necesarias que nunca, no ámbito das comunicacións marítimas e ferroviarias.
Igualmente, o Eixo Atlántico convocará no mes de setembro unha conferencia de alcaldes e expertos, que debaterán e aprobarán propostas operativas para o proceso de reconstrución tanto no ámbito das súas propias competencias como no ámbito das competencias nacionais e autonómicas.
O Eixo Atlántico solicita ao presidente da Xunta a convocatoria do plenario da CCDR-n para discutir un plan de investimentos transfronteirizo
29/05/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou este venres na reunión telemática da Comisión Executiva do Eixo Atlántico, que acordou solicitar con carácter de urxencia ao presidente da Xunta, na súa condición de presidente da Comunidade de Traballo Galicia - Norte de Portugal, a convocatoria urxente dun plenario do devandito órgano para discutir o plan de investimentos transfronteirizo. O Eixo quere que neste órgano participen todos os sectores implicados na cooperación: concellos, empresarios, sindicatos e universidades.
A Comisión Executiva tamén acordou dirixirse aos primeiros ministros de España e de Portugal para instarlles a que os fondos que se reciban de Europa sexan maioritariamente investimento produtivo e non exclusivamente subsidios, que aínda que son necesarios neste momento para as situacións de emerxencia social, non deben xerar unha sociedade subsidiada, senón unha sociedade que poida ser produtiva.Neste sentido, reclaman a participación dos concellos na programación e distribución dos devanditos fondos, con especial atención aos sectores produtivos do territorio, a prioridades como as redes dixitais -cuxa importancia se está visualizando durante a pandemia e moi especialmente no medio rural- e, por suposto, ás infraestruturas para o desenvolvemento, máis necesarias que nunca, no ámbito das comunicacións marítimas e ferroviarias.
Igualmente, o Eixo Atlántico convocará no mes de setembro unha conferencia de alcaldes e expertos, que debaterán e aprobarán propostas operativas para o proceso de reconstrución tanto no ámbito das súas propias competencias como no ámbito das competencias nacionais e autonómicas.