ALCALDÍA

Sánchez Bugallo explicou nun seminario web as liñas de axuda do Plan Marco de Reactivación Económica

28/05/2020 A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organizou este xoves un webinario informativo sobre o Plan Marco de Reactivación Económica do Concello de Santiago, no marco das actividades de colaboración conveniadas co Concello de Santiago e co obxectivo de mellorar o coñecemento das liñas municipais de axudas postas en marcha a raíz da crise do COVID-19. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, abriu este seminario web.

No webinario, no que tamén participou a técnica municipal de Comercio Lucía Castro, analizáronse as líñas de axudas para a reactivación económica do comercio, autónomos e micropemes de Santiago de Compostela tras a situación provocada pola crise do COVID-19 correspondentes á anualidade 2020, os seus importes e prazos e os obxectivos específicos de cada unha das liñas da convocatoria.

Estas axudas teñen como obxectivo, xunto co resto de accións incluídas no Plan Marco de Reactivación Económica do Concello de Santiago:

• minimizar o impacto da crise económica derivada da COVID-19.
• achegar recursos para atender as necesidades de liquidez das microempresas.
• facilitar a súa recuperación económica.
• contribuír ao mantemento da actividade económica e á protección do emprego.

Compartir: