EDUCACIÓN
Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato; a extensión non deberá superar as 40 páxinas interiores (sen contar gardas nin cubertas). O material, asinado baixo lema ou pseudónimo, e cos datos persoais dos participantes incluídos nun sobre pechado, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende nº4, 15705 Santiago de Compostela).
Kalandraka publicará a obra premiada nas cinco linguas oficiais peninsulares —galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués—. A editorial poderá publicar tamén os traballos que reciban unha mención especial. O xurado estará formado por profesionais de recoñecido prestixio no eido da literatura e da ilustración infantil. As bases completas poden consultarse nas páxinas web de Kalandraka e do Concello de Santiago. Na pasada edición, a obra gañadora foi O can de Milu, da autora húngara Mariann Máray.
Ampliado ata o 15 de xuño o prazo de recepción de obras para o Premio Compostela de Álbums Ilustrados
27/04/2020 O Concello de Santiago acaba de ampliar o prazo de recepción dos traballos do XIII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados ata o 15 de xuño de 2020. O fallo do xurado terá lugar na segunda quincena de xullo, e a persoa ou persoas premiadas terán ata o 30 de setembro para entregar a obra rematada. Esta prórroga, aprobada hoxe en Xunta de Goberno, realízase ante a situación excepcional de crise sanitaria provocada pola COVID-19 e ten como obxectivo facilitar a presentación de obras a concurso.
En principio, a presentación dos traballos remataba o 30 de abril, e o fallo do xurado daríase a coñecer durante a primeira quincena de xuño. O Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, convocado xunto á Editorial Kalandraka, conta cunha dotación económica única de 9.000 euros. Ao certame poden optar autores/as e ilustradores/as de calquera nacionalidade con obras orixinais e inéditas, escritas en calquera lingua oficial da Península ibérica. As persoas interesadas en participar no certame deberán enviar cinco copias do texto, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en color de cada unha delas, xunto cunha maqueta acabada de todo o proxecto.Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato; a extensión non deberá superar as 40 páxinas interiores (sen contar gardas nin cubertas). O material, asinado baixo lema ou pseudónimo, e cos datos persoais dos participantes incluídos nun sobre pechado, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende nº4, 15705 Santiago de Compostela).