EDUCACIÓN
Ademais interpretarán diferentes pezas musicais exemplificadoras dos contidos a tratar. En concreto, o repertorio estará formado por: "Alalá de Carballo", "Jota de Consagrada", "Romance de Don Gaiteros", "Vals de Sarandón", "Muiñeira de Calvos de Randín", "Maneo de Erbecedo", "Farruquiña chama á porta", "Muiñeira de Villoria", "Mallou" e "O verde Gaio". Este ano inclúese na presentación do concerto as novas tecnoloxías, cunha proxección dixital de imaxes durante o mesmo. Aparecerán imaxes de lugares de Galicia e de homes e mulleres do pobo.
Este concertos didácticos desenvolveranse ao longo dos meses de marzo e de abril. Comezarán o mércores 7 de marzo. Os colexios Pío XII e López Ferreiro serán os primeiros participantes.
Os máis novos achegaranse á tradición musical galega
28/02/2007 A Concellaría de Educación e Mocidade pon en marcha un ano máis o Programa de concertos didácticos de música tradicional, que achegará aos centros de ensino a tradición musical galega. Uns 3.500 escolares de primaria e secundaria de 20 centros están chamados a participar, en horario lectivo, desta iniciativa, que converte á música nun mecanismo de desenvolvemento sociocultural, político e económico.
O grupo Caldaloba e Felisa Segade, do grupo Leilía, encargaranse da actividade. Nos propios colexios, os músicos falarán sobre a morfoloxía e a sonoridade dos instrumentos, a súa utilización, a súa evolución histórica, a figura do gaiteiro, a figura da pandeireteira, os romances de cego, as cantareiras, o canto coral con gaita ou a construción dos instrumentos de música tradicional.Ademais interpretarán diferentes pezas musicais exemplificadoras dos contidos a tratar. En concreto, o repertorio estará formado por: "Alalá de Carballo", "Jota de Consagrada", "Romance de Don Gaiteros", "Vals de Sarandón", "Muiñeira de Calvos de Randín", "Maneo de Erbecedo", "Farruquiña chama á porta", "Muiñeira de Villoria", "Mallou" e "O verde Gaio". Este ano inclúese na presentación do concerto as novas tecnoloxías, cunha proxección dixital de imaxes durante o mesmo. Aparecerán imaxes de lugares de Galicia e de homes e mulleres do pobo.
Este concertos didácticos desenvolveranse ao longo dos meses de marzo e de abril. Comezarán o mércores 7 de marzo. Os colexios Pío XII e López Ferreiro serán os primeiros participantes.