MEDIO AMBIENTE

Santiago de Compostela súmase este sábado á "Hora do Planeta" cun apagón nos edificios municipais

27/03/2020 O Concello de Santiago, a través da concellería de Medio Ambiente, súmase mañá, 28 de marzo, á "Hora do Planeta", unha iniciativa de concienciación ambiental que se celebra sempre o último sábado do mes de marzo. Entre as 20:30 e as 21:30 h, os edificios municipais apagarán as súas luces.

A "Hora do Planeta" está considerada como unha das maiores iniciativas medioambientais da historia. Celébrase a nivel mundial e ten como obxectivo sumar voces en contra do cambio climático e demostrar que a natureza importa.

Este movemento naceu en 2007 en Australia. Máis de 2,2 millóns de persoas apagaron as luces en Sidnei. Ao longo dos anos foron sumandose máis persoas e máis estados, ata acadar os 180 países. Esta edición será especial, polo confinamento a causa da crise do COVID19. Pero o obxectivo seguirá sendo o mesmo: concienciar sobre o valor da natureza e a biodiversidade.

Compartir: