ALCALDÍA
A través do 010, engadiu, estas persoas con necesidades de desprazamento poderán solicitar o taxi, de cuxo pago se faría cargo o Concello.
Hospital de campaña e banco de sangue
Na rolda de prensa, o alcalde deu conta de dúas peticións do Goberno autonómico. Unha delas, dixo, era a posibilidade de habilitar o Pavillón Multiúsos de Sar, en reserva por fose necesario como hospital de campaña. "Xa se deron as instrucións para que onte xoves ou hoxe venres quede completado o acondicionamento do espazo, recollidas as gradas e levantado o pavimento", explicou.
Outra petición é a de reservar unha instalación como posible banco de sangue no Ensanche. Neste sentido, déronse as instrucións para que esta dispoñible o Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
Medidas fiscais
A preguntas dos xornalistas, o alcalde insistiu nalgunhas das medidas fiscais anunciadas o pasado mércores, como a suspensión do cobro das mensualidades da Escola Municipal de Música ou das escolas infantís, ou a busca dun sistema para compensar os establecementos que poñen terrazas. Neste último caso explicou que "podería ser a través dunha prórroga ou da minoración da cantidade a pagar no segundo semestre para compensar o primeiro". Tamén se buscan formulas para a recollida do lixo.
En canto ao imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) recordou que os recibos xa foron repartidos e que prazo de pago remata o 5 de maio. "Ata esa data –dixo- o Concello non liquida o imposto, polo que antes tomaremos unha decisión, que seguramente será unha ampliación do período de pago". Sobre o imposto de bens inmobles (IBI), "non vimos a necesidade de adoptar unha decisión inmediata, porque aínda non se notificaron os recibos", indicou. O 5 de maio abriríase o pago para os que o teñen fraccionado en tres prazos, sendo o 5 de setembro a data límite para os que o abonan nun único prazo. Neste último caso apuntou que a decisión máis probable é tamén a da ampliación do prazo.
Atención aos/ás maiores
A preguntas dos/das xornalistas sobre o censo de persoas maiores, Sánchez Bugallo indicou que os datos do Padrón e do INE indican que "hai unhas 4.000 persoas maiores de 65 anos que viven solas no municipio". "Aí hai un amplo campo de traballo, pero o Concello tampouco ten capacidade para facer un seguimento de todas elas", dixo, apelando tamén á "responsabilidade das familias", que teñen que ocuparse dos seus maiores", porque a Administración pública non pode suplir a responsabilidade de todos". Tamén agradeceu o traballo que moitos/as voluntarios/as están facendo estes días para atender estas persoas.
Equipos de protección
Tamén en resposta a unha pregunta, neste caso sobre a dispoñibilidade de material de protección, o alcalde indicou que "ata o momento, o Concello non recibiu unha máscara de ningunha administración". Apuntou que se traballa en condicións de "gran precariedade" e apelou a diferentes colectivos, como o dos dentistas, para que fagan chegar material como máscaras ou luvas ao Concello.
Sobre as máscaras, destacou que "conseguimos 800 dun empresario chinés, outras 500 dun centro médico, adquirimos 900 máis e estamos pendentes de recibir outras 4.000 que intentamos conseguir". Lembrou que se necesitarían 1.000 á semana só para os diferentes servizos municipais.
Identificacións e sancións
Ademais, Sánchez Bugallo ofreceu datos actualizados a día de onte sobre identificacións e sancións. Na xornada do xoves realizáronse 187 controis de vehículos e persoas, con catro denuncias. O dato acumulado dende o 16 de marzo é de 1.679 controis e 70 denuncias.
Agradecemento
O alcalde pechou a súa intervención agradecendo unha vez máis a todos/as os/as cidadáns/ás o seu "comportamento exemplar" e advertindo a aqueles que "seguen reincidindo" no incumprimento do estado de alarma. Tamén expresou a súa gratitude a "traballadores/as e voluntarios/as, que están realizando un excepcional labor e dando exemplo a todo o país e a toda a sociedade".
Ampliado o servizo de bonotaxi para atender as persoas con dificultades de desprazamento
27/03/2020 Continuando co paquete de medidas postas en marcha polo Concello para paliar os efectos da crise sanitaria do Covid-19, o alcalde anunciou a ampliación a partir do luns do servizo de bonotaxi, co fin de atender as persoas con especiais dificultades de desprazamento. Será xestionado polos Servizos Sociais a través do teléfono 010.
Sánchez Bugallo apuntou que agarda que "entre o luns e o martes poidamos abrir o período de solicitudes", unha vez que xa o Concello logrou acordos coas dúas asociacións de taxistas de Compostela. "O obxectivo é atender aquelas persoas que precisan unha atención especial, ou que teñen dificultades de desprazamento, ou precisan unha atención urxente hospitalaria", explicou o alcalde.A través do 010, engadiu, estas persoas con necesidades de desprazamento poderán solicitar o taxi, de cuxo pago se faría cargo o Concello.