EDUCACIÓN
O programa Educación pola mobilidade estrutúrase en tres sesións. En primeiro lugar, o persoal educador da Fundación RACC trasládase á escola para compartir co profesorado e co alumnado unha sesión de traballo. Logo o grupo traballa baixo as directrices do seu profesorado, poñendo ao seu dispor materiais e propostas didácticas. Finalmente, o persoal educador da primeira sesión realiza unha actividade de reflexión sobre o traballo realizado e outras actividades de carácter lúdico.
Entre as propostas do programa para este curso escolar inclúese a representación en Santiago da obra de teatro "STOP", o 14 de marzo, no Auditorio de Galicia.
Continúa a desenvolverse o Programa de educación pola mobilidade
27/02/2007 O Colexio Vilas Alborada foi escenario dunha nova sesión do Programa de educación pola mobilidade, que está a desenvolver a Concellería de Educación e Mocidade en colaboración coa Fundación RACC. Esta iniciativa forma parte á súa vez do programa municipal "Onde está o perigo".
Esta acción de soporte educativo no marco escolar pretende facer partícipe da educación viaria e da autoprotección ás xeracións máis novas. Nas sesións trabállanse aspectos como os riscos e condutas como viandantes, a importancia de viaxar seguro no transporte privado e público, a utilización segura da bicicleta ou os problemas das persoas con mobilidade reducida ante o tráfico.O programa Educación pola mobilidade estrutúrase en tres sesións. En primeiro lugar, o persoal educador da Fundación RACC trasládase á escola para compartir co profesorado e co alumnado unha sesión de traballo. Logo o grupo traballa baixo as directrices do seu profesorado, poñendo ao seu dispor materiais e propostas didácticas. Finalmente, o persoal educador da primeira sesión realiza unha actividade de reflexión sobre o traballo realizado e outras actividades de carácter lúdico.
Entre as propostas do programa para este curso escolar inclúese a representación en Santiago da obra de teatro "STOP", o 14 de marzo, no Auditorio de Galicia.