CENTROS SOCIOCULTURAIS
De entre toda a colección escolléronse as máis significativas e que mellor explican o proceso creativo do autor. A mostra, comisariada por Gemma Sesar, complétase cunha selección das "pin-ups" de Golfiño, que animaban as páxinas do correo do lector, e coas cubertas feitas por outros debuxantes da revista.
De xeito paralelo, están previstos catro obradoiros de debuxo, os días 24 de febreiro e 3, 10 e 17 de marzo. Encargaranse dos mesmos os debuxantes Primitivo Marcos ("Os Fernández"), Kiko da Silva ("Fiz nos biosbardos"), Jacobo Fernández ("Os amigos de Archimboldo Roque") e Norberto Fernández ("O castelo regadeira"). Tamén se organizarán visitas guiadas.
O Centro Sociocultural do Ensanche acolle a mostra "Golfiño en portada"
27/02/2007 "Golfiño en portada" é o título da nova exposición que se exhibirá no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche ata o 31 de marzo. Trátase dunha selección de 15 cubertas do semanario de historietas "Golfiño".
A exposición, presentada pola concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, e polo director artístico da publicación, Fausto Isorna, fai un percorrido polo itinerario creativo deste debuxante á hora de concibir as portadas. A mostra recolle a forma na que nacían as cubertas mediante as fotos dos elementos que deron esa primeira idea; os bosquexos a lapis; os orixinais pasados a tinta cos seus textos; e as portadas que finalmente saían á rúa. As ilustracións van acompañadas de breves comentarios do autor.De entre toda a colección escolléronse as máis significativas e que mellor explican o proceso creativo do autor. A mostra, comisariada por Gemma Sesar, complétase cunha selección das "pin-ups" de Golfiño, que animaban as páxinas do correo do lector, e coas cubertas feitas por outros debuxantes da revista.