ACCIÓN CULTURAL E CONSORCIO
A RFG segue "En movemento", fiel ao seu lema desta temporada. Esta será a segunda xira da temporada, logo dunha primeira saída a Xaén a finais de xaneiro e principios de febreiro. Esta, de carácter internacional, comezará o 4 de marzo cunha primeira actuación na sala de concertos e ópera Grosses Festpielhaus de Salzburgo, un dos maiores escenarios do mundo, cuxo auditorio ten un aforo para 2.179 persoas. Baixo o título "Iberia I", a orquestra interpretará varias obras de Manuel de Falla (1876-1946): a Suite nº 1 de El sombrero de tres picos, Noches en los jardines de España (versión da Orquesta Bética de Cámara) e El amor brujo, que soará na voz da cantaora María José Pérez. Ademais, os músicos achegarán ao público austríaco o Concerto para piano en Sol de Maurice Ravel (1875-1937), da man da recoñecida pianista Claire Huangci.
O segundo programa, titulado "Iberia II" interpretarase os días 5 e 6, tamén no Grosses Festpielhaus de Salzburgo, e o día 7 no Festpielhaus de Bregenz. Nesta ocasión a Real Filharmonía de Galicia tocará a Sinfonía en Re, de Juan Crisóstomo de Arriaga (1806-1826); o Concierto de Aranjuez, de Joaquín Rodrigo (1901-1999), coa guitarra de Enrike Solinís; varios fragmentos da Suite Iberia, de Isaac Albéniz (1860-1909), orquestrada polo compositor Jesús Rueda; e El amor brujo, de Falla, coa cantaora María José Pérez.
Ademais, o público austríaco terá a oportunidade de escoitar Negra sombra, da nosa poetisa máis internacional, Rosalía de Castro, orquestrada para esta ocasión polo compositor galego Octavio Vázquez.
"Un grande éxito"
Na súa intervención, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández, salientou que "é a primeira gran xira da orquestra fóra da Península Ibérica despois de 20 anos, e á capital por excelencia da música en Europa. Ademais, mañá sábado, a Real Filharmonía de Galicia cumpre 24 anos, polo que esta xira é como un bonito agasallo". Lembrou que "a RFG tivo que competir con outras orquestras españolas para poder estar aí. É todo un orgullo". E manifestou: "estou segura de que vai ser un éxito".
Pola súa parte, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, manifestou que "esta xira é unha grande oportunidade para levar ao berce da música o bo facer da Real Filharmonía de Galicia. Para os músicos é unha loucura marabillosa coa que van desfrutar moitísimo. O futuro pode anunciar cousas boas para esta orquestra".
A directora técnica da RFG, Sabela García, agradeceu o apoio do Consorcio de Santiago, do Concello de Santiago e da Xunta de Galicia para lograr que este proxecto se fixera realidade. "Será unha ocasión importante para facer de embaixadores da cultura galega en Austria", remarcou.
O director Pablo González
O mestre Pablo González dirixirá á Real Filharmonía de Galicia nesta xira. É o actual director titular da Orquesta Sinfónica de RTVE e asesor artístico da Orquesta e Coro. Foi director asistente da Orquestra Sinfónica de Londres, director titular da Orquestra Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya e principal director invitado da Orquesta Ciudad de Granada. Ten dirixido importantes formacións en toda Europa, América e Asia, entre elas a Deutsche Kammerphilharmonie de Bremen, Filharmónica dos Países Baixos, Orquestra de Cámara Escocesa, Sinfónica da BBC de Gales, Royal Philharmonic Orchestra, Filharmónica de Varsovia, Orquesta Sinfónica Nacional de México, Sinfónica de Kioto ou a Orquestra NHK (Xapón), entre outras.
Durante a presentación indicou que "estoy muy feliz de estar de vuelta en Santiago, de reencontrarme con esta maravillosa orquesta. A lo largo de esta semana de ensayos he percibido su ilusión y motivación con este proyecto". E puxo de relevo que "las giras son grandes dinamizadoras de las orquestas".
A pianista Claire Huangci
A pianista estadounidense de ascendencia chinesa Claire Huangci é unha artista moi respectada, que logra cativar ao público co seu virtuosismo radiante e unha gran sensibilidade. Destaca polas súas interpretacións creativas, frescas e convincentes. En 2018 gañou o primeiro premio e o premio Mozart no Concurso Géza Anda de Suíza. Ten tocado coas mellores orquestras de todo o mundo, en salas de concerto como o Carnegie Hall de Nova York, Konzerthaus de Viena, Konzerthaus de Berlín, Gewandhaus de Leipzig ou o Suntory Hall de Tokio.
O guitarrista Enrike Solinís
O guitarrista bilbaíno Enrike Solinís sentiuse sempre atraído pola música de diferentes culturas, rexións e épocas; reflectindo esta diversidade na súa personalidade musical, que, unida á súa capacidade técnica e expresiva, fai que sexa considerado un dos maiores e máis persoais virtuosos da súa xeración. Ten actuado no Konzerthaus de Viena, Radio Francia en París, Festival de Música de Montreal, Festival Potsdam Sanssouci (Alemaña), Festival Leo Brouwer da Habana, Auditorio Nacional de Madrid, L ́Auditori de Barcelona…
A cantaora María José Pérez
A cantaora almeriense María José Pérez é unha das voces máis destacadas do flamenco actual. Galardoada coa "Lámpara Minera 2015" do Festival Internacional del Cante de las Minas de La Unión (Murcia), a súa carreira artística está marcada pola súa continua presenza nos mellores festivais flamencos do eido nacional e internacional. A crítica refírese a ela como "unha voz limpa, brillante, vigorosa e rica en matices".
A Real Filharmonía de Galicia viaxará a vindeira semana a Austria, onde ofrecerá catro concertos nas cidades de Salzburgo e Bregenz
28/02/2020 A Real Filharmonía de Galicia vai realizar a vindeira semana unha xira de catro concertos por Austria. Actuará, con dous programas diferentes centrados no repertorio orquestral español, nas salas Grosses Festspielhaus de Salzburgo e na Festspielhaus de Bregenz.
Esta xira, froito do traballo de proxección internacional da Real Filharmonía de Galicia, presentouse esta mañá no Auditorio de Galicia, sede da orquestra. Contouse coa presenza do mestre Pablo González, que dirixirá estes concertos; da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; da xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; e da directora técnica da RFG, Sabela García. A xira conta tamén co apoio do Xacobeo 2021.A RFG segue "En movemento", fiel ao seu lema desta temporada. Esta será a segunda xira da temporada, logo dunha primeira saída a Xaén a finais de xaneiro e principios de febreiro. Esta, de carácter internacional, comezará o 4 de marzo cunha primeira actuación na sala de concertos e ópera Grosses Festpielhaus de Salzburgo, un dos maiores escenarios do mundo, cuxo auditorio ten un aforo para 2.179 persoas. Baixo o título "Iberia I", a orquestra interpretará varias obras de Manuel de Falla (1876-1946): a Suite nº 1 de El sombrero de tres picos, Noches en los jardines de España (versión da Orquesta Bética de Cámara) e El amor brujo, que soará na voz da cantaora María José Pérez. Ademais, os músicos achegarán ao público austríaco o Concerto para piano en Sol de Maurice Ravel (1875-1937), da man da recoñecida pianista Claire Huangci.