ACCIÓN CULTURAL
No que respecta á "Tres ventos", nome da Gala de Clausura desta edición, vaise celebrar o sábado 14 de marzo, tamén no Teatro Principal, a partir das 21:00 horas. Desta volta, os artistas Fernando Saldaña (Salamanca), Rubén Martínez (Venezuela), Aline Cântia e Chico do Céu (Brasil) serán os responsables de poñer o peche o encontro con historias en castelán e portugués orixinarias da terra dos protagonistas desta velada.
A outra actividade de pago do Festival Atlántica é "Palabras na boca", de Raquel Queizás (13 marzo, 20:30 h, Dospasos, Bertamiráns). A entrada desta sesión terá un custo de 7,5 euros, con pincho incluído, e estará á venda o día da función no propio local.
Programación de balde
No que respecta ao resto da programación da VIII edición do Festival Atlánticas, vai ter carácter gratuíto e non require reserva, agás o espectáculo ‘‘Unha aventura singular: o gato con botas", con Charo Pita e a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, coa dirección de Casiano Mouriño (14 de marzo, 18:30 h, Teatro Principal). Para esta función cómpre retirar os convites gratuítos por adiantado no propio teatro a partir do día 10 de marzo.
Xa á venda as entradas para as galas do Festival Atlántica
28/02/2020 Os interesados en asistir á Gala Inaugural ou de Clausura do Festival Atlántica 2020 xa poden adquirir as súas entradas a un prezo de 12 e 10 euros, respectivamente, na web da ABANCA (entradas.abanca.com), e tamén na billeteira do Teatro Principal de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas e o mesmo día da función.
A Gala Inaugural deste ano leva por título "Varios ventos" e vai ser o mércores 11 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. Nesta ocasión, o programa incluirá as intervencións de Sandra Araguas (Huesca), Aline Cântia e Chicó do Céu (Brasil), Fernando Saldaña (Salamanca) e dos galegos Cris de Caldas, Quico Cadaval, Sole Felloza, Celso F. Sanmartín, Cándido Pazó, Charo Pita, Santi Prego e María da Pontragha. Ademais, a gala terá como fío condutor a música de Marcelo Dobode.No que respecta á "Tres ventos", nome da Gala de Clausura desta edición, vaise celebrar o sábado 14 de marzo, tamén no Teatro Principal, a partir das 21:00 horas. Desta volta, os artistas Fernando Saldaña (Salamanca), Rubén Martínez (Venezuela), Aline Cântia e Chico do Céu (Brasil) serán os responsables de poñer o peche o encontro con historias en castelán e portugués orixinarias da terra dos protagonistas desta velada.