CONSORCIO
A pianista estadounidense Claire Huangci interpretará a versión que a Orquestra Bética de Cámara realizou das Noches en los jardines de España, de Manuel de Falla (1876-1946). Huangci gañou o primeiro premio e o premio Mozart no Concurso Géza Anda 2018 (Suíza). Actuou en recitais e con orquestras internacionais como a Mozarteum de Salzburgo, Sinfónica da Radio de Stuttgart, Tonhalle de Zúric, Filharmónica de China, Sinfónica de Vancouver ou a Sinfónica Chaikovski da Radio de Moscova; en salas de concerto como o Carnegie Hall de Nova York, Konzerthaus de Viena, Konzerthaus de Berlín, Gewandhaus de Leipzig ou o Suntory Hall de Tokio, entre outras. En 2019 foi nomeada artista residente da Tonhalle de Zúric e gañou o Grand Prix de París coa Filharmónica de París.
A cantaora María José Pérez e El amor brujo
O concerto concluirá co amor bruxo de Falla, na voz de María José Pérez. A cantaora almeriense empezou a subirse ás táboas con tan só 14 anos, abríndose camiño nos escenarios máis importantes do panorama flamenco. Galardoada coa "Lámpara Minera 2015" do Festival Internacional do Cante das Minas de La Unión (Murcia), é unha das voces máis destacadas do flamenco actual. A súa carreira artística está marcada pola súa continua presenza en peñas e festivais flamencos como a Bienal de Sevilla, Festival de Xerez, Festival Caja Madrid, Bienal do Flamenco de Málaga, Festival do Taranto en Almería, Festival Flamenco en Francia ou o Festival Flamenco de Toulouse, entre outros.
Conversa co mestre Pablo González
Antes da celebración do concerto, o público poderá manter unha charla previa co director Pablo González. A cita será ás 19:45 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Esta iniciativa enmárcase dentro da experiencia Convers@ndo con, que a Real Filharmonía de Galicia promove antes de cada concerto, coa finalidade de achegar a música ao público de maneira informal e distendida. Poderase participar neste encontro presentando a entrada do concerto.
Pablo González é recoñecido coma un dos directores máis versátiles e apaixonados da súa xeración. Naceu en Oviedo e estudou na Guildhall School of Music de Londres. Obtivo o Primeiro Premio no Concurso Internacional de Dirección de Cadaqués e no "Donatella Flick". Foi director titular da Orquestra Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya e, con anterioridade, principal director convidado da Orquesta Ciudad de Granada. Na actualidade é director titular da Orquesta Sinfónica de RTVE.
Dirixiu importantes formacións, entre elas a Deutsche Kammerphilharmonie de Bremen, Filharmónica dos Países Baixos, Sinfónica de Londres, Orquestra de Cámara Escocesa, Sinfónica da BBC de Gales, Royal Philharmonic Orchestra, Filharmónica de Varsovia, Filharmónica de Liége, Orquestra Sinfónica Nacional de México, Sinfónica de Kioto ou a Orquestra NHK (Xapón), entre outras.
Pablo González dirixe a Real Filharmonía de Galicia no seu concerto desta semana
27/02/2020 A Real Filharmonía de Galicia ofrece o seu concerto semanal de abono este venres, 28 de febreiro, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. A batuta levaraa o mestre Pablo González, director titular da Orquesta Sinfónica de RTVE. É o primeiro dos catro concertos que a RFG interpretará entre o 4 e o 7 de marzo nas cidades austríacas de Salzburgo e Bregenz.
O programa, titulado "Iberia", estará dedicado á música española. Comezará con varios fragmentos da Suite Iberia, de Isaac Albéniz (1860-1909), orquestrada por Jesús Rueda. Está considerada como unha das obras máis importantes da literatura pianística española. A continuación soará a Sinfonía en Re de Juan Crisóstomo de Arriaga (1806-1826), cuxa prematura morte cernou unha moi prometedora carreira compositiva.A pianista estadounidense Claire Huangci interpretará a versión que a Orquestra Bética de Cámara realizou das Noches en los jardines de España, de Manuel de Falla (1876-1946). Huangci gañou o primeiro premio e o premio Mozart no Concurso Géza Anda 2018 (Suíza). Actuou en recitais e con orquestras internacionais como a Mozarteum de Salzburgo, Sinfónica da Radio de Stuttgart, Tonhalle de Zúric, Filharmónica de China, Sinfónica de Vancouver ou a Sinfónica Chaikovski da Radio de Moscova; en salas de concerto como o Carnegie Hall de Nova York, Konzerthaus de Viena, Konzerthaus de Berlín, Gewandhaus de Leipzig ou o Suntory Hall de Tokio, entre outras. En 2019 foi nomeada artista residente da Tonhalle de Zúric e gañou o Grand Prix de París coa Filharmónica de París.