TURISMO
Os establecementos interesados en participar poden contactar coa Asociación Hostalaría Compostela no correo asociacionempresarios@santiagohosteleria.org ou no número de teléfo-no 981 592 700 (en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 de luns a xoves e de 9:00 a 15:00 os venres).
A festividade das Uñas é unha das máis antigas de Galicia. A receita tradicional deste prato tipicamente compostelán elabórase con uñas de porco, bertóns, patacas e chourizo. Non obs-tante, dende Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela anímase aos restau-rantes a ofrecer tamén recreacións da preparación popular.
A promoción gastronómica da Festa das Uñas considérase de interese para o desenvolvemen-to turístico e gastronómico de Santiago fóra da temporada alta. A relevancia acadada por esta tradición gastronómica fai que teña unha incidencia directa no que atinxe á divulgación da oferta turística compostelá en temporada baixa, impulsando así a mellora económica do sector, baseándose na identidade gastronómica do noso destino e na posta en valor de produtos de produción local.
No ano 2019 participaron neste evento 21 locais, moitos deles situados no barrio de San Lá-zaro, pero tamén noutras zonas da cidade.
Aberto o prazo de inscrición na Festa Gastronómica das Uñas
26/02/2020 Xa está aberto o prazo de inscrición para que os establecementos hostaleiros interesados poidan participar na Festa Gastronómica das Uñas. A Asociación Hostalaría Compostela organiza este evento, que promove Turismo de Santiago co obxectivo de poñer en valor este prato tradicional non só nos locais do barrio compostelán de San Lázaro, senón de todo o concello.
A Festa Gastronómica das Uñas terá lugar este ano do venres 27 ao luns 30 de marzo. Os res-taurantes inscritos incluiranse en todas as accións de promoción da Festa que se farán dende Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela. A data limite de inscrición, que é completamente de balde, é o mércores 11 de marzo.Os establecementos interesados en participar poden contactar coa Asociación Hostalaría Compostela no correo asociacionempresarios@santiagohosteleria.org ou no número de teléfo-no 981 592 700 (en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 de luns a xoves e de 9:00 a 15:00 os venres).