DEPORTES
Un total de 260 judokas (170 na categoría masculina e 90 na feminina) participarán nesta Copa de España, na que Galicia estará representada por 155 deportistas (115 homes e 40 mulleres), do que 41 pertencen a clubs de Santiago de Compostela. A competición desenvolverase ao longo da mañá deste sábado 1 de febreiro.
Campionato de Galicia Júnior
Pola súa banda, o Campionato de Galicia Júnior é valedoiro para a fase do sector do Campionato de España Sub-21, que se celebrará en Oviedo, e nel participarán os/as mellores competidores/as galegos/as da categoría júnior, na que Galicia conta con varios campións de España e medallistas internacionais.
Os combates celebraranse ao longo da tarde do domingo 2 de febreiro, contando coa participación de 208 judokas (148 na categoría masculina e 60 na feminina).
Campo de arbitraxe e curso de arbitraxe
O Trofeo Cidade de Santiago incluirá tamén este ano un programa de actividades complementarias, que se celebrarán na mañá do domingo. Haberá un campo de adestramento nacional, coa participación de 120 persoas, e un curso de actualización de arbitraxe, no que tomarán parte 50 colexiados.
O XII Trofeo Cidade de Santiago reúne máis de 250 judokas durante esta fin de semana no Restollal
31/01/2020 Máis de 500 persoas, entre deportistas, técnicos/as, colexiados/as e delegados/as estarán esta fin de semana no pavillón do Restollal para participar no XII Trofeo de Judo Cidade de Santiago, organizado polas federacións Galega e Española de Judo co patrocinio do Concello de Santiago. O torneo incluirá a VI Copa de España Infantil e o Campionato de Galicia Júnior, ademais dunha serie de actividades paralelas. Os detalles das competicións foron presentados en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, acompañada polo presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas; o delegado federativo en Santiago, Javier Rial; e a xefa de servizo de Deporte Escolar da Secretaría Xeral para o Deporte, Belia Méndez.
A VI Copa de España Infantil de Galicia encádrase dentro do sistema de competicións nacionais, anuais e puntuables, establecido pola Real Federación Española de Judo como sistema de clasificación para o Campionato de España e valedoiro para o ranking nacional da categoría.Un total de 260 judokas (170 na categoría masculina e 90 na feminina) participarán nesta Copa de España, na que Galicia estará representada por 155 deportistas (115 homes e 40 mulleres), do que 41 pertencen a clubs de Santiago de Compostela. A competición desenvolverase ao longo da mañá deste sábado 1 de febreiro.