PLENO
A segunda declaración aposta por divulgar o legado de Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento a través dun programa trimestral. Entre as actividades que se propoñen figuran: erixir unha escultura en bronce, que podería situarse diante da galería Sargadelos ou no camiño cara o Museo do Pobo Galego; realizar un mural dalgunha das súas obras ou da súa imaxe; elaborar unha chapa con algunha das súas imaxes; organizar performances reivindicativo-culturais para por en valor os lugares de referencia de Díaz Pardo en Compostela; divulgar roterios e visitas; ou realizar un documental sobre a súa traxectoria.
Nova piscina en Santa Marta
No capítulo de mocións, saíu adiante a presentada por Compostela Aberta para construír unha nova piscina municipal cuberta en Santa Marta. Ínstase ao Concello a "elaborar unha planificación plurianual para que, durante o mandato 2019-23, se desenvolva unha nova piscina olímpica que complemente as instalacións existentes; destinada a clubs de natación, waterpolo e triatlón e aberta a demandas de novas persoas usuarias; e especializada pola maña no uso escolar, no uso terapéutico para persoas maiores, en programas para mulleres embarazadas, bebés, etc". Este punto, que foi emendado polo PP no sentido de contemplar que esta piscina se integre nun complexo deportivo polivalente con outras instalacións, foi aprobado por unanimidade.
Apóstase tamén por impulsar un grupo de traballo municipal no que, estando representados todos os grupos da Corporación, tamén participen representantes dos clubs que practican natación en Santiago, co obxectivo de marcar as necesidade específicas para a natación desta nova piscina cuberta. Este punto recibiu a abstención do PSdeG-PSOE.
Finalmente, por unanimidade, ínstase á Xunta de Galicia e á Deputación da Coruña a colaborar co Concello de Santiago na construción e financiamento desta nova infraestrutura deportiva.
Para falar desta cuestión interviron na sesión plenaria José Rioseco, presidente do Club de Natación Cidade de Santiago, e Luis Ferrer, presidente do Club Waterpolo Santiago. A moción recibiu o voto favorable de CA, PP e BNG e a abstención do PSdeG-PSOE.
Apoio á manifestación en defensa da Sanidade Pública
Outra das mocións validada foi a conxunta formulada por PSdeG-PSOE, CA e BNG de apoio á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o vindeiro 9 de febreiro en Compostela. En nome desta plataforma falou na sesión plenaria Xosé Mª Dios Diz.
Na proposta tamén se demanda ao Goberno autonómico a adecuación orzamentaria ás necesidades dos centros de saúde e esíxese o cese da "política de desmantelamento e peche de servizos nos hospitais da nosa área". Entre as demandas tamén se inclúen a revisión dos concertos, a redución das listas de espera, paliar a carencia de recursos sociosanitarios, acabar coa política de privatizacións, un Plan de Mellora da Atención Primaria e por fin ás políticas de persoal "baseadas na precariedade e na explotación laboral".
Recuperación de patrimonio galego
Tamén saíu adiante unha moción formulada polo BNG, cunha emenda transaccional do PSdeG-PSOE para impulsar un acordo entre Estado e Xunta para a cesión do patrimonio galego que se exhibe no Museo Arqueolóxico Nacional do Ministerio de Cultura, entre o que se atopan pezas do obradoiro do Mestre Mateo pertencentes á Catedral de Santiago de Compostela, do mosteiro de San Paio de Antealtares e do convento de Santa Clara. Votaron a favor PSdeG-PSOE, CA e BNG, e en contra o PP.
Bibliotecas municipais
A proposta de Compostela Aberta, aprobouse cos seus votos e cos do PP e BNG, e a abstención do PSdeG-PSOE, un dos puntos dunha moción na que se solicita ao órgano competente do Concello "elaborar un informe que posibilite a planificación estratéxica da Rede Municipal de Bibliotecas José Saramago, no que se inclúa un apartado específico que propoña un proceso de recuperación, recollida, dixitalización e arquivo da memoria oral das parroquias e barrios de Compostela".
Regulación de fluxos de visitantes
Outra moción co visto bo plenario unánime foi a presentada polo grupo municipal popular, emendada polo grupo socialista na súa redacción, na que se demanda ao Concello que se colabore cos responsables da Catedral de Santiago na adopción de medidas que permitan regular os fluxos de visitantes e eviten ou contribúan a mitigar os problemas que se producen no contorno catedralicio.
Apoio orzamentario ao Consorcio
Igualmente defendida polo PP, aprobouse unha moción para a recuperación do apoio ao Consorcio nos orzamentos do estado para 2020, a través da recuperación dunha disposición adicional. Votaron a favor PP e BNG e abstivéronse PSdeG-PSOE e CA.
Obras pendentes na cidade
Ademais, saíu adiante por unanimidade a moción presentada polo grupo municipal de CA que mostra o apoio da Corporación á "urxencia expresada pola Alcaldía de Santiago para que se aceleren os compromisos adquiridos polo Ministerio de Fomento no anterior mandato municipal, como son as obras do Orbital e da Estación Intermodal". Tamén se insta ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a incorporar a estas demandas a execución do convenio para a humanización da rotonda de Conxo, unha reparación e restauración integral da SC-20, a humanización da N-525 ao seu paso polo Eixo e a mellora da N-550 a altura de Marantes e Enfesta.
Débeda do IVE con Galicia
A sesión plenaria pechouse coa aprobación por unanimidade de dous dos puntos doutra moción do PP para instar ao Goberno do Estado a aboar a débeda pendente con Galicia, correspondente ás contías do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) non liquidadas do exercicio 2017, como consecuencia da implantación do Sistema de Información Inmediata.
O Concello promoverá diversas accións para conmemorar os aniversarios dos nacementos de Rosalía de Castro e Isaac Díaz Pardo
30/01/2020 Os catro grupos municipais aprobaron por unanimidade dúas declaracións institucionais mediante as que o Concello asume o compromiso de promover diversas actividades para celebrar as datas conmemorativas do nacemento de Rosalía de Castro (24 de febreiro) e de Isaac Díaz Pardo (22 de agosto). As declaracións xurdiron a raíz de dúas mocións presentadas polo BNG.
Na declaración indícase que, para a celebración do Día de Rosalía, ademais das actividades de lectura pública da obra de Rosalía de Castro este 24 de febreiro, o Concello "sinalizará un roteiro de xeito permanente nos lugares máis destacados da traxectoria vital e profesional da escritora, con información da súa vinculación á cidade". O Concello tamén asume como compromiso de restaurar e limpar a escultura de Rosalía situada na Alameda.A segunda declaración aposta por divulgar o legado de Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento a través dun programa trimestral. Entre as actividades que se propoñen figuran: erixir unha escultura en bronce, que podería situarse diante da galería Sargadelos ou no camiño cara o Museo do Pobo Galego; realizar un mural dalgunha das súas obras ou da súa imaxe; elaborar unha chapa con algunha das súas imaxes; organizar performances reivindicativo-culturais para por en valor os lugares de referencia de Díaz Pardo en Compostela; divulgar roterios e visitas; ou realizar un documental sobre a súa traxectoria.