EDUCACIÓN

Xogos e risas no Programa municipal de conciliación de Nadal

26/12/2019 A concelleira de Educación, Noa Díaz, visitou esta mañá os nenos e nenas que están a participar nas actividades do Programa Municipal de Conciliación de Nadal. Durante os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2019 e o 2, 3 e 7 de xaneiro de 2020 os máis pequenos da casa poden desfrutar no CEIP Monte dos Postes dunha chea xogos e actividades.

A concelleira de Educación, Noa Díaz, explicou que hai 43 menores participando neste programa "que as familias xa coñecen", e que tamén inclúe as opcións de madrugadores e comedor.

O Programa de Conciliación está dirixido á nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos que cursan estudos de Infantil ou Primaria en centros educativos de Compostela. O seu obxectivo é favorecer a conciliación da vida familiar e laboral, ofrecendo aos rapaces e rapazas unha alternativa de lecer e tempo libre, desenvolvendo valores de cooperación, respecto e tolerancia.

O horario do campamento de Nadal é de 9:00 a 14:00 horas. Tamén se presta o servizo de madrugadores con almorzo de 7:45 a 9:00 horas e un servizo de comedor de 14:00 a 16:00 horas.

Compartir: