FESTAS
Como novidade nesta edición, as tres primeiras quendas (xoves 5 a martes 10, mércores 11 a martes 17 e mércores 18 a luns 23) estarán dedicadas en exclusiva á decoración de Nadal e á alimentación selecta, facilitando ao público a preparación da casa e dos menús para estas datas especiais. As quendas finais (xoves 26 a luns 30 e martes 31 a domingo 5 de xaneiro) resérvanse para os produtos de artesanía e regalo orixinal, coa data da Noite de Reis como horizonte.
Actividades diarias
O Mercado de Nadal leva aparellada unha completa programación, ao inicio nas fins de semana e despois practicamente a diario. As actividades estarán dirixidas á infancia, ás familias e ao público en xeral. Haberá obradoiros de manualidades, xogos e contacontos nun espazo especialmente disposto ao efecto.
Durante os días de maior afluencia realizarase a actividade NadalCiclo, na que unha bicicleta decorada e conducida por actores caracterizados para o momento transportará a nenos e nenas pola Carreira do Conde coñecendo o Mercado. Ademais, a rúa acollerá actuacións musicais do grupo UCT Ultreia e dos coros Centro Xove, Brincadeira, Hermano Gómez, Ponte Mantible, Santa Susana, Coto da Nai, Agarimos, Colexiata de Sar, LaSalle, A Xuntanza, Xúbilo e Amigos de Compostela.
A programación completa poderá consultarse na web www.mercadonadal.com.
O Mercado de Nadal de Carreira do Conde abrirá o vindeiro xoves 5 de decembro ás 12:00 horas
30/11/2019 O Mercado de Nadal abrirase o vindeiro xoves, 5 de decembro, ás 12:00 horas, na rúa da Carreira do Conde. Permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 horas. O Mercado estará pechado os días 24 e 25 de decembro e 1 de xaneiro; e só abrirá pola mañá o día 31 de decembro.
Durante as cinco quendas, composteláns/ás e visitantes terán a posibilidade de coñecer as creacións de 56 expositores de decoración propia da época, alimentación gourmet e artesanía (xoias, madeira, cerámica, vidro, coiro, xoguetes, téxtil, regalo orixinal, deseño...). Para favorecer que o Mercado se converta nun espazo de ocio para a familia, esta oferta compleméntase cunha selección de food trucks de comida galega e internacional. A rúa e as casetas contarán cunha decoración coidada e ambientación musical, que transportarán o público á maxia do Nadal.Como novidade nesta edición, as tres primeiras quendas (xoves 5 a martes 10, mércores 11 a martes 17 e mércores 18 a luns 23) estarán dedicadas en exclusiva á decoración de Nadal e á alimentación selecta, facilitando ao público a preparación da casa e dos menús para estas datas especiais. As quendas finais (xoves 26 a luns 30 e martes 31 a domingo 5 de xaneiro) resérvanse para os produtos de artesanía e regalo orixinal, coa data da Noite de Reis como horizonte.