ALCALDÍA
Xuntanza coa directiva da Cociña Económica
28/11/2019 O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, reuníronse hoxe coa directiva da Cociña Económica. Entre os asuntos tratados figurou a renovación do actual convenio de colaboración; e a composición da Xunta Directiva da entidade, na que se integraría un representante do Concello, neste caso Mila Castro.
A directiva, encabezada polo seu presidente, Manuel José Botana, presentouse oficialmente ante o alcalde, e explicoulle a evolución da Cociña Económica durante os últimos anos. Tamén lle explicaron detalles do funcionamento da entidade, como o horario de comidas ou o número de usuarios.