XUNTA DE GOBERNO

O Concello destina 94.000 euros á mellora da instalación eléctrica da piscina e do ximnasio de Santa Isabel

31/10/2019 Nunha sesión extraordinaria celebrada este xoves, a Xunta de Goberno Local abriu o procedemento de adxudicación das obras de adecuación da instalación eléctrica da piscina e do ximnasio de Santa Isabel. O tipo de licitación é de 94.025,81 euros (IVE incluído).

No seu día, a instalación dun equipo para evitar condensacións na piscina incrementou notablemente a potencia demandada pola instalación, polo que se complementou a alimentación de enerxía dende as instalacións do campo de fútbol e dende o polideportivo.

A adecuación que agora sae a licitación ten por obxecto realizar a separación de instalacións eléctricas, de tal xeito que a piscina conte cun único punto de subministro de enerxía.

Compartir: