ALCALDÍA
Sánchez Bugallo asistiu no Obradoiro á entrega de trofeos do concurso de patrullas da Brilat
31/10/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu este xoves ao acto de entrega de trofeos do concurso de patrullas Tui - Santiago da Brigada Galicia VII, Brilat.
Nesta edición, o grupo de artillería da Brilat foi o gañador do concurso, que cada ano mide a destreza das diferentes patrullas en probas realizadas ao longo do Camiño de Santiago.