ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibiu en Raxoi o presidente de Castela–A Mancha, Emiliano García-Page
30/10/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu o presidente de Castela – A Mancha, Emiliano García-Page, quen visitou Raxoi na compaña de parte do seu equipo. Tras unha xuntanza na Alcaldía, o rexedor compostelán acompañou o presidente autonómico nun percorrido polo Pazo de Raxoi.
Emiliano García-Page está en Compostela debido á súa participación onte na ceremonia de entrega dos XIV Premios Best in Class, promovidos pola publicación Gaceta Médica e a Cátedra de Innovación e Xestión Sanitaria da Universidad Rey Juan Carlos. O Goberno de Castela – A Mancha recibiu o Premio á mellor política de saúde pública e tamén un recoñecemento á súa política farmacéutica.