TURISMO

Máis de 1.500 otorrionolaringólogos/as reuniranse dende este xoves en Santiago

30/09/2019 Máis de 1.500 otorrionolaringólogos/as reuniranse dende este xoves en Santiago
A Sociedade Española de Otorrinolaringoloxía e Cirurxía de Cabeza e Pescozo ( SEORL-CCC) inicia o próximo xoves 3 de outubro o seu 70 Congreso Nacional en Santiago de Compostela. A cita reunirá máis de 1.500 otorrinolaringólogos procedentes de toda España e diferentes partes do mundo.

Para presentar o 70 Congreso da SEORL-CCC, celebrarase este xoves, ás 11:00 horas, unha rolda de prensa no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Na mesma estarán presentes Sindo Guinarte, concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo; os doutores Pablo Parente e Carlos Martín, organizadores do 70 Congreso da SEORL-CCC; e o doutor Raimundo Gutiérrez Fonseca, secretario xeral da SEORL-CCC.

1.000 novos casos cada ano en Galicia
Cada ano rexístranse en Galicia 1.000 novos casos de cancro de cabeza e pescozo, unha cifra que aumenta cada ano, e que supón 17.000 casos novos a nivel nacional, o que o sitúa no 6º tipo de tumores máis frecuentes no organismo. Para a resección destes tumores, cada vez máis hospitais empregan alta tecnoloxía de vangarda, como a robótica ou a cirurxía transoral por ultrasóns (TOUSS). Con todo, esta tecnoloxía non chega a todos os pacientes debido aos seus altos custos, como é o caso de Galicia, onde ningún servizo de otorrinolaringoloxía conta con cirurxía robótica e en moi poucos se utilizou a técnica TOUSS, a pesar de ser unha iniciativa dun médico galego.

Un de cada cinco tumores de cancro de cabeza e pescozo está localizado na farinxe e destes, ata o 48% poden estar relacionados coa transmisión do virus do papiloma humano (VPH), segundo as últimas cifras publicadas. O cambio dos hábitos sexuais en países occidentais deu lugar á aparición de patoloxías otorrinolaringológicas previamente relacionadas co alcohol e o tabaco. De aí o aumento da incidencia do cancro orofarínxeo por VPH, que en EEUU supón xa o 70% dos casos, porcentaxe que se pode alcanzar nos próximos anos en España.

Compartir: