CONSORCIO
No concerto deste xoves soarán extractos das zarzuelas La meiga, El caserío e Mirentxu, do compositor vasco Jesús Guridi (1886-1961). A continuación, os/as músicos/as interpretarán fragmentos de La leyenda del beso e La del Soto del Parral, compostas conxuntamente polo galego Reveriano Soutullo (1880-1932) e Juan Vert (1890-1931).
Na segunda parte do programa, a orquestra achegará ao público extractos das obras de Federico Moreno Torroba (1891-1982) La marchenera, Maravilla e Luisa Fernanda. O broche final poñerano fragmentos de La del manojo de rosas, do compositor Pablo Sorozábal (1897-1988).
As voces da soprano Miren Urbieta-Vega e do barítono Damián del Castillo
Nesta noite de zarzuela, o público poderá gozar da voz da soprano Miren Urbieta-Vega. Galardoada en diversos certames líricos, conta cunha dilatada experiencia en programas de ópera, zarzuela, lieder e oratorio; participando en varias estreas absolutas. Cantou nas mellores salas, teatros e auditorios de toda España. Licenciada en Canto polo Centro Superior de Música do País Vasco (Musikene), completou a súa formación no Centro de Perfeccionamento Plácido Domingo do Palau de les Arts de Valencia, e recibiu clases maxistrais de grande mestres como Montserrat Caballé.
A voz masculina será a do barítono Damián del Castillo. Finaliza os seus estudos superiores de música e canto en Málaga, ampliando a súa formación na Escuela Superior de Música Reina Sofía de Madrid. Cantou nos grandes teatros nacionais e internacionais, entre eles o Teatro da Scala de Milán; interpretando importantes roles do repertorio operístico e de zarzuela, ademais do campo do oratorio.
Convers@ndo co director Manuel Coves
Antes da celebración do concerto, o público terá a oportunidade de manter unha charla previa co director Manuel Coves. A cita será ás 19:45 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Esta iniciativa enmárcase dentro da experiencia Convers@ndo con, que a Real Filharmonía de Galicia promove antes de cada concerto, coa finalidade de achegar a música ao público de maneira informal e distendida. Poderase participar neste encontro presentando a entrada do concerto.
Manuel Coves, natural de Xaén, dirixiu grandes orquestras en toda Europa e América. Goza dunha ampla experiencia á fronte de numerosos traballos operísticos, recitais líricos e zarzuelas; nos principais teatros, festivais e salas de concertos, dentro e fóra de España. Entres os seus próximos compromisos destaca Orfeo e Eurídice, coa Orquestra Giuseppe Verdi de Milán, no Teatro Colón de Bos Aires; El sombrero de tres picos e Eterna Iberia co Ballet Nacional de España; Romeo e Xulieta co Ballet do Gran Teatro de Xenebra; O crebanoces, Carmen e Don Quijote coa Compañía Nacional de Danza; ou a nova produción de Johan Inger, Don Giovanni.
A Real Filharmonía de Galicia programa "Unha noite de zarzuela", na que repasará grandes obras do xénero
30/09/2019 A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana un concerto baixo o título "Unha noite de zarzuela", no que fará un repaso polas grandes obras do xénero, en colaboración coa Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela. Será o xoves, 3 de outubro, no Auditorio de Galicia, a partir das 20:30 horas. A batuta levaraa o mestre xienense Manuel Coves.
O xénero da zarzuela regresa así de novo ao repertorio da Real Filharmonía de Galicia despois de varios anos. É o primeiro dos concertos de corte lírico que a RFG ten programados para esta tempada, xunto á estrea da ópera A amnesia de Clío en novembro, O Mesías participativo de decembro e dous programas en maio coa mezzosoprano Virginie Verrez e co tenor Pene Pati.No concerto deste xoves soarán extractos das zarzuelas La meiga, El caserío e Mirentxu, do compositor vasco Jesús Guridi (1886-1961). A continuación, os/as músicos/as interpretarán fragmentos de La leyenda del beso e La del Soto del Parral, compostas conxuntamente polo galego Reveriano Soutullo (1880-1932) e Juan Vert (1890-1931).