CENTROS SOCIOCULTURAIS
Serán sesións fundamentalmente dirixidas aos usuarios e usuarias dos clubs de lectura dos centros socioculturais, pero están abertas á participación de calquera persoa.
Os centros socioculturais celebran o Día Mundial da Tradución coa lectura de textos en diferentes linguas
30/09/2019 Os clubs de lectura dos centros socioculturais de Santa Marta, Fontiñas e O Ensanche celebran o Día Mundial da Tradución (30 de setembro) coa lectura de textos en distintas linguas da man da tradutora Mercedes Pacheco. As sesións serán os días 1, 2 e 3 de outubro.
As sesións arrincarán este martes 1 de outubro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas. Á mesma hora, o mércores 2, será a quenda do CSC de Santa Marta. Finalmente, o xoves 3, tamén ás 20:00 horas, realizaranse as lecturas no CSC do Ensanche.Serán sesións fundamentalmente dirixidas aos usuarios e usuarias dos clubs de lectura dos centros socioculturais, pero están abertas á participación de calquera persoa.