UMAD
"Joseba plasmouna sucando o ceo e é un acerto por parte do pintor", di María von Touceda, para quen, "en certo modo, esta pintura é como celebrar a súa resurrección". A súa familia leva a Soledad sempre na memoria e "agora temos este mural en Romero Donallo como verdadeiro e único centro de peregrinación neste Santiago de Compostela onde Soledad forxou a súa propia lenda e logo faleceu, deixándonos orfos dos seus superpoderes, a súa sabedoría e a súa ilusión", apunta a escritora sobre a súa avoa.
Cultura urbana entre a mocidade
A realización desta obra enmárcase nas accións de fomento dos hábitos saudables e prevención do consumo de drogas que desenvolve a UMAD. Máis en concreto, a acción forma parte do programa Compostela Lab, que promove actividades de cultura urbana entre a mocidade.
Estas accións artísticas xorden como alternativa de ocio e de expresión persoal e artística. Ademais, son un modo de intervención sobre o feísmo urbano, creando espazos para a creación cultural. Tamén melloran o valor e a calidade do entorno urbano, sensibilización á mocidade sobre estes aspectos.
Dende os departamento de Mocidade e da UMAD véñense desenvolvendo dende maio obradoiros con mozos e mozas, e realizando outros murais de gran formato coa colaboración de artistas como Novenoel ou Miguel Peralta de Sestola na Cachola, co asesoramento de Mou, do colectivo Mutante Creativo.
"Soledad, a Poppins de Sar", un novo mural de gran formato en Romero Donallo
30/08/2019 Estes días, o artista Joseba Murazábal está a rematar un mural de gran formato na fachada lateral dun edificio da avenida de Romero Donallo. O seu título, "Soledad, a Poppins de Sar", lembrando a unha muller de Compostela, xa falecida, á que o artista coñeceu grazas aos textos da súa neta, a escritora María von Touceda.
Lembra a autora compostelá que "Joseba veu a facerlle unhas fotos despois de que ela estivese unha semana dicindo que non. Ao final, pola ilusión da súa neta, accedeu". Logo, a protagonista visitou tamén o taller do artista."Joseba plasmouna sucando o ceo e é un acerto por parte do pintor", di María von Touceda, para quen, "en certo modo, esta pintura é como celebrar a súa resurrección". A súa familia leva a Soledad sempre na memoria e "agora temos este mural en Romero Donallo como verdadeiro e único centro de peregrinación neste Santiago de Compostela onde Soledad forxou a súa propia lenda e logo faleceu, deixándonos orfos dos seus superpoderes, a súa sabedoría e a súa ilusión", apunta a escritora sobre a súa avoa.