ALCALDÍA
Este equipamento ou mesmo a creación dun novo equipo de fútbol poderían actuar, segundo apuntou Sánchez Bugallo, como elementos "aglutinadores" dunha parroquia "singular e moi complexa", xa que abarca ámbitos territoriais de varios barrios ademais do propio de Sar, como Angrois ou Viso. "O que os une é a Agrupación e o seu párroco", apuntou o rexedor.
O Concello estudará a forma de revitalizar o campo de fútbol das Brañas de Sar
30/08/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres co presidente da Agrupación Folclórica Colexiata de Sar, Rafael Sexto, e co seu fundador e párroco de Sar, José Porto. Foi unha xuntanza para repasar as necesidades da parroquia e buscar fórmulas que permitan dinamizar esta parroquia, que xunta ámbitos de diversos barrios da cidade. Na reunión tamén participaron os concelleiros Mercedes Rosón e Gonzalo Muíños.
Un dos temas tratados na xuntanza foi a busca dunha fórmula que permita recuperar o campo de fútbol das Brañas do Sar, que antes utilizaba o club Colexiata de Sar e do que é titular a Agrupación Folclórica. Así, o alcalde é partidario de "revitalizar estas instalacións e adaptalas ás previsións do Plan Especial de Sar".Este equipamento ou mesmo a creación dun novo equipo de fútbol poderían actuar, segundo apuntou Sánchez Bugallo, como elementos "aglutinadores" dunha parroquia "singular e moi complexa", xa que abarca ámbitos territoriais de varios barrios ademais do propio de Sar, como Angrois ou Viso. "O que os une é a Agrupación e o seu párroco", apuntou o rexedor.