ALCALDÍA
Pola súa parte, Víctor López destacou entre as accións en marcha da AMCS as colaboracións que se están a manter coas asociacións internacionais de amigos do Camiño de Santiago, recollendo as súas propostas para presentalas publicamente en breves datas. Considerou as melloras suxeridas como fundamentais para incentivar a peregrinación dende todos estes países.
Outro dos obxectivos da AMCS, segundo o seu xerente, é seguir avanzando na harmonización das lexislacións das comunidades autónomas polas que pasa o Camiño. Xa a máis curto prazo, a Secretaría Técnica está a preparar a reunión da Xunta Directiva que se celebrará os días 6 e 7 de setembro en Canfranc (Huesca). Ademais, lembrou que en outono se renovará a devandita Xunta Directiva, na que Santiago é o único municipio integrante que ten unha vogalía permanente.
A Asociación
A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS) agrupa a día de hoxe 99 municipios polos que discorre o Camiño de Santiago Francés. Estes concellos supoñen máis de dous terzos do total de municipios do Camiño Francés, que nos seus 1.000 quilómetros de percorrido abarca nove provincias, cunha área de influencia de case 3.600.000 habitantes..
A Asociación ten agora mesmo en marcha 35 proxectos, varios deles europeos, que supoñen investimentos por valor de más de 2 millóns de euros.
O alcalde compromete a participación activa do Concello na Asociación de Municipios do Camiño
29/08/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse coa Secretaría Técnica da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, encabezada polo seu xerente, Víctor López. Foi unha xuntanza de presentación da entidade e das súas accións en marcha ao rexedor compostelán, tras os cambios de goberno nas últimas eleccións municipais.
Sánchez Bugallo comprometeuse a "participar activamente" na Asociación e agradeceu o traballo das comunidades autónomas e concellos polos que pasa o Camiño. Tamén tivo palabras de gratitude para as entidades e asociacións que contribúen a "protexer e revalorizar" a ruta xacobea.Pola súa parte, Víctor López destacou entre as accións en marcha da AMCS as colaboracións que se están a manter coas asociacións internacionais de amigos do Camiño de Santiago, recollendo as súas propostas para presentalas publicamente en breves datas. Considerou as melloras suxeridas como fundamentais para incentivar a peregrinación dende todos estes países.