ALCALDÍA

Compostela aspira a albergar unha proba de orientación do circuíto Euro City Race en abril de 2020

28/08/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este mércores coa presidenta da Asociación Correr e Pensar, Rosa María Pernas, e outros integrantes da entidade. Esta explicoulle ao rexedor os detalles da Compostela City Race, unha proba de orientación que a entidade pretende organizar en abril de 2020, co apoio do club deportivo da USC e da Federación Galega de Orientación.

A Compostela City Race enmarcaríase no circuíto Euro City Race, integrado por varias competicións de orientación en urbes europeas como París, Roma ou Barcelona. Estas probas teñen coma obxectivos principais a visibilidade e a difusión da orientación dende punto de vista turístico e deportivo.

O deporte da orientación senta as súas bases no respecto polo entorno e polos competidores e no xogo limpo. É un deporte aberto a todas as persoas, sen importar condición física ou idade.

Compartir: