RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Unha delegación francesa realiza o Camiño de Santiago para sensibilizar á cidadanía sobre as enfermidades da visión

27/08/2019 O concelleiro Gonzalo Muíños recibiu na praza do Obradoiro a representantes da asociación francesa IRRP (Information Recherche Rétinite Pigmentaire), que realizou o Camiño de Santiago para concienciar sobre a discapacidade visual. No acto tamén participou o concelleiro popular Alejandro Sánchez-Brunete.

O grupo estaba formado por seis persoas con discapacidade visual, cinco acompañantes e o recoñecido investigador Serge Picaud, director de investigación do Instituto da Visión de París. Todos/as eles/as realizaron a I Marcha pola Vista polos Camiños de Compostela, que concluíu esta mañá coa última etapa entre o Monte do Gozo e a Catedral.

Durante unha semana, os/as integrantes da expedición camiñaron co obxectivo de sensibilizar á cidadanía sobre as enfermidades da visión. En cada etapa realizaron accións de comunicación para favorecer a integración das persoas en situación de incapacidade visual.

Compartir: