ALCALDÍA

O alcalde reuniuse coa conselleira de Educación

31/07/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá unha xuntanza coa conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, na sede do organismo autonómico.

Alcalde e conselleira fixeron un repaso das necesidades educativas da cidade a medio prazo e acordaron seguir mantendo a colaboración entre as dúas institucións en beneficio da comunidade educativa de Compostela.

Compartir: