ALCALDÍA
Aparte dos primeiros premios entregáronse catro accésits. Dous en redacción para Mariña Souto Pazo, de 10 anos, alumna do CEIP Pedrouzos de Brión, por un relato de ficción que presentou baixo o título "Os cabalicornios de Santiago"; e outro para Adriana Vila Fernández, tamén de 10 anos e alumna do CEIP Pío XII, por unha narración sobre as gárgolas de Compostela.
Os outros dous accésits na modalidade de debuxo recibíronos Alén Vila Armesto, de 2º de primaria do CEIP Vilas Alborada, que retratou a figura de Valle-Inclán do Paseo da Ferradura; e Alexia Naranjo, de 8 anos e alumna do Colexio Manuel Peleteiro, por unha pintura do estanque dos patos da Alameda. Todos os nenos e nenas premiados con accésits recibiron unha tablet Samsung.
Tamén recibiron un ordenador portátil os colexios onde estudan as gañadoras, o Vilas Alborada e o Chester College. Os primeiros premios foron entregados polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo e polo delegado de La Voz de Galicia en Santiago, Ignacio Carballo; e os accésits pola terceira tenente de Alcalde, Mila Castro, e polos concelleiros Agustín Hernández, do PP; Rafa Peña, de Compostela Aberta; e Goretti Sanmartín, do BNG.
No seu discurso, Ignacio Carballo agradeceu o esforzo dos rapaces, das familias e das escolas, e asegurou que estes concursos "axúdannos a afastarnos da rutina" da comunicación, porque presentan a realidade cunha mirada diferente. "Os nenos e nenas expresan o que viven, como o viven na súa contorna máis inmediata, dunha forma excelente e de enorme calidade", engadiu.
O alcalde felicitou aos gañadores e gañadoras e expresou a súa ilusión de presidir "este acto con nenos e nenas", porque sinalou, vendo os debuxos e redaccións, que prometeu ler, "recuperamos a inocencia". Sánchez Bugallo, que pechou o acto, subliñou que os pequenos ven as cousas sen ter en conta "a cor coa que se mira", sen condicionantes nin prexuízos.
Sánchez Bugallo preside a entrega dos premios "Coñece o teu Concello", organizado por La Voz de Galicia
27/06/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo presidiu esta tarde o acto de entrega dos premios de redacción e debuxo "Coñece o teu Concello", organizado por La Voz de Galicia. Ao concurso presentáronse máis de mil traballos procedentes dos 25 concellos da contorna de Compostela.
Na modalidade de redacción, o primeiro premio acadouno Carmen Varela Escorihuela, de 10 anos e alumna do Chester College, coa narración "Santiago, cidade dos sentidos". En debuxo, a gañadora foi Marcela López Rodríguez, de 3 anos, alumna de infantil do CEIP Vilas Alborada, cunha ilustración que recrea os fogos do Apóstolo. De premio recibiron un ordenador portátil.Aparte dos primeiros premios entregáronse catro accésits. Dous en redacción para Mariña Souto Pazo, de 10 anos, alumna do CEIP Pedrouzos de Brión, por un relato de ficción que presentou baixo o título "Os cabalicornios de Santiago"; e outro para Adriana Vila Fernández, tamén de 10 anos e alumna do CEIP Pío XII, por unha narración sobre as gárgolas de Compostela.