CONVIVENCIA

A Policía Local realizará controis de alcoholemia e de drogas na condución durante a vindeira semana

31/05/2019 Dende este luns 3 e ata o vindeiro domingo 9 de xuño, a Policía Local de Santiago súmase á campaña especial da DXT de control da taxa de alcohol e presencia de drogas en condutores. Esta campaña súmase aos controis que periodicamente realiza a Policía Local.

A presenza de alcohol durante a condución, dependendo da taxa, multiplica entre 2 e 15 o risco de sufrir un accidente. Esta substancia non só está relacionada cos accidentes, senón que tamén repercute nunha maior mortalidade, ao ser un factor vinculado cun peor prognóstico nas lesións sufridas.

Por outra parte, conducir despois do consumo de substancias psicoactivas é un feito preocupantemente frecuente, sendo o cannabis (THC), a cocaína, as anfetaminas e as metanfetaminas as sustancias más habitualmente atopadas. O consumo simultáneo de substancias, que se demostrou coma un comportamento de extremo risco viario, é comparativamente frecuente en España.

Compartir: