FESTAS
Pola tarde, a festa continuará no Principal cunha nova sesión de microespectáculos, desta vez coa participación de Anxo Moure, Xarope Tulú, Saleta Fernández e Fani Triana. Pechará a xornada Charo Pita co seu espectáculo No país do vento.
Todas as actividades da Festa no Principal son de balde, pero no caso das sesións de microespectáculos é preciso retirar as entradas, dispoñibles na billeteira do Teatro de 18:00 a 21:00 horas.
Festa en San Martiño Pinario
Tamén pola mañá, ás 12:00 horas, comezará a festa 50 anos aló, organizada pola Asociación Cultural San Martiño Pinario na praza que lle dá nome. Abrirase de balde a Casa da Troia para aqueles que vaian vestidos de época (anos 60), poderase escoitar a música da Charanga BB+ (13:00 h) e de Dani Barreiro & Friends (14:00 h).
Xa pola tarde, haberá xogos populares (16:00 a 20:00 h), contacontos con As parábolas de Pakolas (17:30 h), o concerto da Banda Municipal de Música e Odailo (19:30 h), unha sesión de bailes de Cuba con Marcos Pombo (21:30 h) e a actuación de Los Mecánicos. A organización anima a todos e todas a acudir coas mellores galas dos anos 60.
Novedades Carminha
Este sábado celébrase tamén o último gran concerto da praza da Quintana na Ascensión 2019, coa presenza de Novedades Carminha. O grupo compostelán ofrece o seu segundo concerto deste ano na súa cidade, nun ano no que presentan Ultraligero, traballo que os consolidou no panorama musical do Estado.
O ciclo Artellando na noite tamén conclúe o sábado, co concerto ofrecido por De Mar a Mar, o grupo formado por Víctor Muñiz, Blanca Paloma, Wafir Gibril e Vicente Molino que fusiona a canción popular mediterránea co flamenco e cos sons latinoamericanos. Será ás 13:00 horas na praza do Toural.
Noutro estilo moi diferente, o claustro de San Martiño Pinario acolle ás 20:30 horas o concerto do Quinteto Ricercata de EY, incluído no VI Ciclo de Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade. Os convites pódense recoller na billeteira do Teatro Principal en horario de 18:00 a 21:00 horas.
O calendario musical da xornada complétase co concerto de Xoana na praza de Cervantes (13:00 h) e coa actuación da orquestra Atenas no paseo central da Alameda (22:30 h).
Ademais, o programa do sábado inclúe dúas das citas tradicionais das festas da Ascensión, como a Festa dos Maiores, que cumpre xa 22 edicións (14:00 h, no recinto feiral de Amio), ou o Torneo de Chave, que celebra a súa segunda xornada (16:00 h, no parque da Alameda).
A gran festa do Teatro Principal e o concerto de Novedades Carminha, propostas destacadas deste sábado na Ascensión
31/05/2019 As festas da Ascensión alcanzan a súa penúltima xornada, na que destaca a gran festa que se celebrará no Teatro Principal ao longo de todo o día, con propostas diversas para público familiar. Ademais, Novedades Carminha volve a tocar na súa cidade noutro dos grandes concertos da praza da Quintana.
A Festa no Teatro Principal, proposta familiar incluída no programa Artellando, arrincará, ás 11:30 horas, cunha sesión de microespectáculos na que participarán Inacio Vilariño, Yolanda Castaño, Pérez&Fernández e Servando Barreiro. Ás 13:00 horas tomará o relevo a música e pedagoga Lydia Botana, que está a presentar o seu primeiro disco, Vuela.Pola tarde, a festa continuará no Principal cunha nova sesión de microespectáculos, desta vez coa participación de Anxo Moure, Xarope Tulú, Saleta Fernández e Fani Triana. Pechará a xornada Charo Pita co seu espectáculo No país do vento.