FESTAS
Igualmente pola noite, ás 23:00 horas na praza do Toural e no marco do Artellando na noite, Najla Shami, cantora e compositora nacida en Compostela, pero filla tamén da cultura palestina, presentará o seu novo traballo discográfico, Ela sabe a sol.
O calendario de concertos da xornada complétase coa actuación de Zeltia, ás 13:00 horas na praza de Cervantes, e coa sesión no paseo central da Alameda da orquestra Dilema (22:30 horas).
Este venres será tamén o día do Swing na Ascensión, en colaboración coa Asociación Compostela Swing. A actividade desenvolverase na praza de Cervantes dende as 18:30 horas, primeiro cun obradoiro para iniciar no baile a todas as persoas que o desexen, e despois cun concerto de The Sar Swing Quartet, a partir das 20:30 horas.
Ademais, celebrarase a primeira das sesións do Festival Batebatuke, no que participarán 120 percusionistas chegados de toda a Península ibérica. Este venres haberá batucada con Sambiosis en Puente Castro – Xeneral Pardiñas (18:30 h), República do Salvador (19:00 h) e praza Roxa (19:30 h).
O programa da xornada complétase coa XLIII edición do tradicional Trofeo da Chave das Festas da Ascensión, que se celebrará a partir das 18:00 horas no parque da Alameda (fronte á gardería de Santa Susana).
Batucada, swing e Susana Seivane, propostas musicais destacadas da xornada do venres na Ascensión
30/05/2019 A xornada do venres 31 nas festas da Ascensión chega cargada de propostas musicais de variados estilos. Susana Seivane e a Baiuca Live Band protagonizarán o concerto principal na Quintana nun día no que tamén haberá swing, batucada e as actuacións de Zeltia e Najla Shami.
Susana Seivane repite na Quintana nun concerto no que estará acompañada por Baiuca Live Band, o novo proxecto musical de Alejandro Guillán, que xunta os sons tradicionais galegos coa música electrónica.Igualmente pola noite, ás 23:00 horas na praza do Toural e no marco do Artellando na noite, Najla Shami, cantora e compositora nacida en Compostela, pero filla tamén da cultura palestina, presentará o seu novo traballo discográfico, Ela sabe a sol.