EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Tamén se referiu ao XIV Certame Municipal de Danza Intercentros como "unha experiencia de dinamización cultural que representa un esforzo que debe seguir sendo apoiado polo concello, dado que cada ano se incorporan máis centros e bailaríns/as".
Acompañou o concelleiro na presentación a coordinadora do Certame, Beatriz Viñal, quen apuntou que o espectáculo é unha "experiencia educativa e persoal moi enriquecedora". Destacou a "ilusión" coa que traballa o alumnado e o profesorado na preparación deste evento e o desexo de que este "siga medrando". De feito, xa anunciou que xa están ideando unha "gran celebración da danza e do ensino público" para a edición número XV do Certame.
Nesta edición participarán 297 escolares de educación infantil, primaria e secundaria dos CEIPs López Ferreiro (72), Pío XII (65), Mestre Rodríguez Xixirei (6), Arquitecto Casas Novoa (22), Vite (7), Roxos (13), Ramón Cabanillas (14), Raíña Fabiola (21) e Cardeal Quiroga (8), e do Colexio San José de Cluny (68). Representarán no Auditorio un total de 20 coreografías nun espectáculo que durará en torno á 1 hora e 45 minutos.
Da aprendizaxe da danza e das preparación das coreografías encargáronse ao longo do curso un total de 12 profesores/as: Beatriz Viñal no CEIP López Ferreiro; Sandra Valiñas e Sonia Míguez no Colexio San José de Cluny; Javier Magariños no CEIP Arquitecto Casas Novoa, no CEIP Mestre Rodríguez Xixirei e no CEIP Vite I; Memé Martínez, Marta Alonso, Paula Quintas e Beatriz Lorenzo no CEIP Pío XII (esta última tamén no CEIP Ramón Cabanillas; Antía Corujo e John F. Balanta no CEIP Raíña Fabiola; Carmen Gomero no CEIP Cardeal Quiroga Palacios; e Jessica Montero no CEIP Roxos.
Repartíronse entradas entre todas as familias dos nenos e nenas que participan no Certame, pero tamén haberá entradas na billeteira do Auditorio antes do inicio do espectáculo.
Case 300 escolares participan este domingo no XIV Certame Intercentros "Compostela en Danza"
29/05/2019 A Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia acollerá este domingo 2 de xuño, ás 19:00 horas, a XIV edición do Certame de Danza Intercercentros Compostela en Danza. Un total de 297 escolares de entre 3 e 18 anos, pertencentes a 10 colexios, porán en escena 20 coreografías de moi diversos estilos.
O concelleiro de Educación e Cidadanía en funcións, Manuel Dios, presentou o Certame, que cualificou como un "espectáculo magnífico, colofón á actividade que se desenvolve ao longo de todo o curso escolar e que ten moito traballo detrás". Ademais, lembrou a importancia de materias como a danza para o desenvolvemento global (cognitivo, afectivo, social e motriz) e de realización persoal do alumnado. E, dende o punto de vista pedagóxico, dixo, "é un elemento favorecedor de todo tipo de aprendizaxes dado que proporciona ao alumnado unha gran variedade de experiencias e estímulos".Tamén se referiu ao XIV Certame Municipal de Danza Intercentros como "unha experiencia de dinamización cultural que representa un esforzo que debe seguir sendo apoiado polo concello, dado que cada ano se incorporan máis centros e bailaríns/as".